Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IX Noite da lúa meiga (O Viso-Redondela)
O Monte Outeiro Grande será o escenario dunha nova edición da Noite da Lúa Meiga. Este miradoiro sobre a Ría de Vigo, emprazado na parroquia redondelá do Viso, acollerá a vindeira fin de semana dous días de música, baile, galeguidade e festa rachada.

O sábado 28 o grupo de gaitas ?Asubíos? dará o pistoletazo de saída ás 22h30 da noite. ?A Quenlla? amosará o seu bo facer e animará a noite con interpretacións coñecidas e populares, cheas de reivindicación. O ?Leo I Arremecaghona? animará os cambios de grupos cunha importante carga de humor. Para pechar, o grupo de Redondela que é revelación da música tradicional festiva galega, ?Tanto Nos Ten?, fará bailar e cantar a todos os asistentes.

Xa o domingo 29 de agosto, na liña de edicións anteriores, contará coa participación de artistas locais, monicreques, subida de meighachimpíns, xantar popular con polbeira e xogos tradicionais. Durante a xornada, nun ambiente familiar e interactivo, o escenario estará a disposición do público.

A información relativa ao programa pódese consultar na web do festival.


Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-08-2010 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0