Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mercedes Peón, primeira artista galega seleccionada polo Womex
A artista e compositora galega Mercedes Peón vén de ser seleccionada polo xurado do Womex ?a Feria de Músicas do Mundo máis importante do mundo? para actuar na súa sección oficial que se celebrará no Forum Copenhague o 29 de outubro.

A compositora Mercedes Peón acudirá coa súa performance, froito dun traballo de investigación musical electroacústica feito dentro e fora de Galiza. Trátase dun espectáculo multidisciplinar no que a artista interpreta varias das súas composicións e interactúa con cada un dos instrumentos que utiliza na súa posta en escena.

A proposta de Mercedes Peón foi elixida entre máis de 800 traballos por un xurado formado expresamente polo festival composto por sete figuras representativas de diferentes culturas e ámbitos musicais do mundo. Nesta ocasión conformárono o director do Roskilde Festival Peter Hvalkof (Dinamarca); a directora do Gandusiana Rovinj Music Festival, Melita Jurkota (Croacia); Corinne Serres, directora do Mad Minute Music (Francia); e Diego Siegelwachs, director de La Regla (Arxentina-Alemaña?.

Sobre o Womex

O Womex é a feira para profesionais do eido da world music máis importante do mundo. Cunha filosofía itinerante, varía a súa sede cada tres anos e supón unha cita ineludíbel para todos os participantes do sector. Esta cita, ademais das actuacións musicais, contempla na a organización de conferencias, propostas artísticas e a difusión de documentais.

A de outubro deste ano é a edición número 16 desta cita pola que en quince anos pasaron máis de 3.000 delegados procedentes de máis de 100 países

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-07-2010 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0