Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O disco ?Aló irmao!?, gran éxito na África de fala lusa
A radio portuguesa RDP sitúa o álbum conxunto do galego e do guineano arrasando nas listas

Aló Irmao! é o álbum publicado por Fran Pérez Narf e por Manecas Costa. Galego e guineano, branco e negro, confirman a teoría de que os opostos se atraen porque é incuestionable a calidade do son elaborado por estes músicos de orixes tan diferentes. O título do single, homónimo ao do disco, acadou o teito das listas de éxitos da RDP África, unha emisora pública portuguesa que ten difusión por tódolos países lusófonos do continente africano. Chegaron o máis alto desbancando no número un ao tema Mozamverde, de Otis e Tito Paris, e tan só catro semanas despois de entrar nas listas, o que demostra o éxito que están a ter tanto en Portugal coma en toda a África lusófona.

?O éxito do noso proxecto Aló Irmao! baséase en que unificamos a música de Galicia coa música de Guinea-Bissau. Pero non se trata só diso. Este disco ten moita calidade, é un proxecto moi coidado?, sinala o músico guineano Manecas Costa. Pola súa parte, para Narf ser o número un da RDP en África é algo moi importante. ?A emisora escóitase, ademais de en Portugal, en moitos países de África: Angola, Mozambique, Guinea, Cabo Verde... en tódolos países lusófonos?, confesa o galego. Tal foi o éxito que Manecas Costa recibiu unha chamada do presidente do seu país para expresarlle os seus parabéns. ?Foi algo incrible, non o podíamos crer, de verdade?, admite Manecas.

Dende a gravación do álbum en xuño de 2009 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, escenarios de Galicia, España, Brasil ou Arxentina tiveron o privilexio de escoitar o gran directo de Narf e a Manecas. Non obstante, os creadores de Aló Irmao! teñen o soño en común de actuar en África, concretamente na Guinea, a terra de Manecas Costa. ?Ir a Guinea-Bissau sería unha das cousas máis fermosas na miña vida?, sinala Narf.

Pero polo momento a súa cita máis inmediata está na cidade da Coruña. Mañá venres, Narf e Manecas Costa levarán a cidade herculina as doce cancións das que está composta o seu Aló Irmao! O publico que acuda ás 22.30 ao Castelo de San Antón escoitará esa exótica mestura de guitarras españolas con instrumentos africanos, coma a tina ?alcumada ventre de muller? unha especie de tambor de auga guineano composto por unha cabaza flotando nun balde de auga. A actuación está enmarcada no ciclo de concertos Son de Noite, que está a traer a Coruña artistas coma Omar Souleyman ou Emilio Rúa.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-07-2010 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0