Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Roteiro polo río Xallas |
|
ROTEIRO POLO RÍO XALLAS
PONTE OLVEIRA ? FERVENZA DO ÉZARO
A Plataforma para a Defensa do río Xallas organiza, en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, un roteiro polo río Xallas. O roteiro vaise celebrar nos confíns da nosa terra, na Costa da Morte. Achegarémonos alí por unha causa reivindicativa: a defensa do río Xallas. Este é o río con máis potencia hidroeléctrica instalada na bacía Galiza-Costa. Aínda así, a día de hoxe atópase ameazado de morte polas pretensións económicas dunha empresa, Ferroatlántica, que pretende construír outras tres novas centrais nun treito do Xallas no que xa conta con 5 aproveitamentos e 4 encoros. Porén, a paisaxe e a natureza destes lares é espectacular, e teremos a oportunidade de observar algúns dos poucos treitos de río virxes que se conservan, e marabillarnos coa beleza da Devesa de Anllares, única por ser o bosque atlántico máis occidental de Europa.
O inicio do roteiro terá lugar no centro cultural de Ponte Olveira, ás 11 da mañá do domingo, 27 de Xuño. É xusto no límite entre os concellos de Mazaricos e Dumbría. De feito, o río Xallas é o límite natural entre ambos. Ademais, o inicio do roteiro correspóndese cun punto de parada do Camiño de Santiago, polo cal se fará a maior parte da ruta.
NOTA: As 10:15 da mañá sairá un grupo cara Ponte Olveira dende o concello de Cee. A saída farase dende o IES ?Fernando Blanco? da vila ceense.
Tras visitar Ponte Olveira, seguiremos a ruta do Camiño de Santiago, pasando en todo momento pola marxe dereita do Río Xallas, correspondente ao concello de Dumbría (a marxe esquerda pertence a Mazaricos). Deixaremos atrás o lugar do Hospital, e finalizaremos en Xestosa, onde baixaremos pola beira do río ata a Devesa de Anllares, onde se ten previsto acometer as obras da terceira minicentral proxectada (a de Novo Castrelo). Volveremos ao lugar de Xestosa, e logo colleremos o bus para ir ao mirador de Santa Uxía, desde alí veremos o mar, o concello de Fisterra, o lugar do Ézaro, o Monte Pindo e a Fervenza do Xallas. As vistas son únicas, cheas de paz e harmonía, que sen dúbida son o remate perfecto deste roteiro reivindicativo na fin da terra. O percorrido será de aproximadamente 15 quilómetros á beira do Xallas, de dificultade media/baixa e trazado suave.
Convidámol@ a Vde, e á institución que representa a dito acto, á fin de por en valor e dar a coñecer o río Xallas, e impedir unha nova agresión salvaxe ao noso entorno natural. Comerase no percorrido, polo que é necesario levar a comida e bebida dende a casa, e tamén o bo humor.
Adxunto envíase a convocatoria para dito acto e algunhas fotos da paraxe que vamos visitar, que pregamos teña a máxima distribución entre os seus contactos.
ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
adega@adega.info
Plataforma para a Defensa do río Xallas
salvemosoxallas@gmail.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|