Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pablo Carpintero e Domingo Villar gañan o Losada Diéguez
Recibirán o premio o vindeiro 13 de xuño nun acto previsto no pazo da familia Losada, en Moldes (Borborás).

O xurado da vixésimo quinta edición do premio Antón Losada Diéguez decidiu outorgar os galardóns a Pablo Carpintero Arias, no eido de investigación e ensaio, e a Domingo Villar, en creación literaria.

O primeiro resulta premiado polo seu traballo ?Os instrumentos musicais na tradición galega?, unha obra da que o xurado destacou ?a súa singularidade ao recuperar un mundo que se está a perder e que abarca todo o dominio lingüístico do galego? e que ?é unha contribución singular para salvagardar o noso patrimonio material e inmaterial?, que resulta ?amena e adsequíbel para todo tipo de públicos?.

No caso de Domingo Villar, a premiada é a súa novela ?A praia dos afogados?. O fallo destaca ?a súa excelente construción narrativa, que desenvolve unha trama chea de ritmo que atrapa o lector?, así como ?a solidez dos personaxes, en particular do inspector Leo Caldas?. Asemade, subliña a gran capacidade do autor para atraer novos públicos á literatura en galego.

Os gañadores recibirán cada un seis mil euros e un diploma, nun acto que se celebrará o vindeiro sábado 14 de xuño no pazo da familia Losada, en Moldes (Borborás).

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2010 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0