Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Eliminada a axuda da Xunta ao Festival de Poesía do Condado
A falta de axudas públicas dende a Xunta obriga o Festival de Poesía do Condado a reducir o seu programa a dous días

A falta de resposta obtida dende a Consellería de Cultura sobre unha axuda ao Festival de Poesía do Condado así como a negativa do Xacobeo a conceder unha subvención a este certame que se celebra dende 1980 en Salvaterra de Miño, obrigou os seus organizadores a reduciren o programa a dous días, o 4 e 5 de setembro.

"Non tivemos axuda de organismos oficiais. Pero botámonos para adiante de todos os xeitos, aínda que tivemos que recortar un día de festival, o que estaba dedicado ó rock e ó hip hop, xa que non tiñamos cartos para contratar os grupos", explica Manolo Soto, un dos responsables da Sociedade Cultural do Condado, organizadora do certame. Segundo indica, o financiamento do Festival foi posible este ano grazas á propia Sociedade e ás achegas de comerciantes e empresas da zona. "Nos últimos tres anos recibimos unha axuda de Cultura e do Xacobeo, pero até entón non recibiamos ningunha axuda. Malia todo, tampouco houbo unha aposta clara polo festival dende as consellerías do bipartito", asegura Soto.

Co lema "Outro mundo é necesario. Construamos a alternativa", o festival reflexionará este ano sobre a "necessidade urgente da construçom de um mundo novo, um ordem social alternativo que elimine de raiz as injustiças de um sistema que se revela cada dia mais agressivo contra as pessoas e os povos", indican na súa páxina web (www. scdcondado.org).

O primeiro día do programa inauguraranse nas Cobas de Dona Urraca e na Casa do Conde exposicións de pintura e fotografía, e proxectarase o documental Mulheres da Raia de Diana Gonçalves. Pola noite, a partir das 22.30 horas, actuarán os grupos Covalblu e Turres Band.

O 5 de setembro, celebrarase a partir das oito e media da tarde o Festival Poético Musical -presentado por Carlos Blanco- no que participarán os autores Anxo Angueira, Xabier Xil, Susana S. Aríns, J. Alberte Corral, David Pobra, Mario Regueira, Dores Tembrás, Carlos Santiago, Brais González, Manolo Pipas, Alberte Momán, Filipa Leal e Oscar Mourave así como os grupos Covalblu, Quempallou, Skárnio, Jon Luz (Cabo Verde) e Rebeliom. Ese mesmo día, haberá obradoiros para cativos, unha marcha popular, o aberto de billarda, ou unha mesa redonda con representantes sindicais como Lidia Senra do Sindicato Labrego Galego, Manolo Caamaño da Central Unitaria de Traballadores e Xerardo Abraldes da CIG.

MALAS PERSPECTIVAS Recortes en certames e entes culturais

O Festival de Poesía do Condado non é o único que este ano verá minguar os seus fondos ao negárselle axudas dende a Xunta. De feito, certames como a Mostra de Teatro de Cee -que comezou este domingo e se desenvolverá até o 28 deste mes- que non recibiu nin un euro da Consellería de Cultura, dirixida por Roberto Varela. Doutra banda, o Xacobeo retirou a súa achega económica ao Festival de Jazz de Cangas. Asemade, o Concello de Ourense está a agardar se a Xunta lle retira parte do orzamento que concedía ao Outono Fotográfico, unha rebaixa que xa quedou confirmada para institucións como o Consello da Cultura Galega que terá que amañarse cunha redución dun dez por cento no seu presuposto.

Os recortes tamén lles afectan ao sector editorial, logo de que a Consellería de Cultura eliminase este ano as axudas á tradución. Logo de máis de cen días de goberno, tamén se descoñece o futuro de institucións culturais como o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) e o Centro Coreográfico Galego.

A incógnita mantense asemade sobre quen será o vindeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), despois de que Manuel Olveira decidira abandonar as súas rendas antes de que se elixir un substituto.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 26-08-2009 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Pero estos vanse cargar calquer cousa que teña que ver coa#blgtk08# cultura galega!!!!
mi ma que noxo de goberno!!!!!
Comentario por (27-08-2009 00:31)
2 Outro mais.#blgtk08#. q vergoña
Comentario por (27-08-2009 20:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0