Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fuxan os Ventos hoxe en Ferrol |
|
 Fuxan os Ventos estarán de novo sobre os palcos, desta vez coa actuación en Ferrol o próximo 25 de agosto (Praza de Armas, entrada de balde), dentro das Festas de Verán da cidade e do programa Vai de Camiño do Xacobeo.
Lembremos que Fuxan os Ventos voltaron aos escenarios, tras case unha década, o pasado mes de outubro, cun dúas actuacións no Auditorio de Galiza, en Compostela. O espectáculo 'Terra de Soños', que agora se traslada á cidade ferrolá, verá a luz a finais deste ano en formato digipack (CD + DVD).
Na escenificación da estreitísima vinculación entre a canción popular galega e as novas formas de expresión do noso folk atópase o eixo que vertebra este Terra de soños: Fuxan os Ventos contará co acompañamento dunha banda dirixida por Xosé Lois Romero, artífice tamén dos arranxos instrumentais para este proxecto, e de dous dos nomes máis senlleiros da música galega: Xabier Díaz (Berrogüetto) e Nova Galega de Danza.
www.fuxanosventos.net |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|