Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XI Concurso De Gaiteiros Avelino Cachafeiro O Gaiteiro De Soutelo
Soutelo de Montes repartirá 5.750 euros no concurso de gaiteiros Avelino Cachafeiro

O sábado 22 de agosto, Soutelo de Montes celebrará na Praza do Gaiteiro o XI Concurso de Gaiteiros Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo , no que se repartirá un total de 5.750 euros, distribuídos do seguinte modo:
- 2.500 euros e trofeo para o primeiro premio,
- 1.000 e trofeo para o segundo
- 750 e trofeo para o terceiro premio.


Ao mesmo tempo, tamén haberá un premio especial «Gaiteiro de Soutelo» dotado de 1.500 euros e trofeo para a mellor interpretación de música tradicional galega.

O prazo de inscrición remata o 19 de agosto ás 14.30 horas, e todas as parellas seleccionadas deberanse presentar ao pé do escenario ás 17 para confirmar a súa participación, e o concurso dará comezo unha hora despois. Establecerase unha soa categoría sen límite de idade na que participarán un máximo de 15 parellas seleccionadas por rigorosa orde de inscrición. Os gaiteiros selectos disporán de dúas intervencións de tres minutos e medio como máximo nas que executarán pezas libres. Ao mesmo tempo, os concursantes deberán vestir o traxe galego.

O xurado estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito da música tradicional galega e por un representante do Concello de Forcarei. Os membros do xurado serán os encargados de xulgar as actuacións dos participantes e de escoller aos concursantes que, ao seu xuízo, sexan os merecedores dos premios que se ofrecen.
Comentarios (13) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-08-2009 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
13 Comentario(s)
1 Quien es el jur#blgtk08#ado este año???
Comentario por (14-08-2009 13:46)
2 Carpintero, tranquilo que xa se saberá hom#blgtk08#e, non te impacientes que algo vas apañar.
Comentario por (17-08-2009 13:17)
3 Q fácil é facervos ent#blgtk08#rar ao trapo,jajajaja
Comentario por Untradi (17-08-2009 13:42)
4 este ano creo que está o cant#blgtk08#ante de Boney M,non?
Comentario por (18-08-2009 10:57)
5 quenes gañaron e se sabedes o#blgtk08#s componentes
gracias
Comentario por anton (24-08-2009 09:04)
6 1º- Pablo Devigo - Alberto Costas
2º- Oscar Ibáñez - José Carlos Estévez
3º- Pedro Álvarez#blgtk08# - Ramón Corral

Premio á mellor interpretación dunha melodía tradicional - Oscar Ibáñez.
Comentario por (24-08-2009 12:20)
7 noraboa os premiados, por certo, cantos #blgtk08#gaiteiros participaron?

Comentario por (24-08-2009 15:04)
8 Nove. Máis ou menos #blgtk08#na liña destes anos.
Comentario por (24-08-2009 15:17)
9 Si, nove, na liña destes últimos anos... Pero sen os "cristos" con respecto aos gaiteiros premiados que houbo nos últimos anos. No#blgtk08#n escoitei NINGUNHA queixa, nin entre os participantes nin entre o público, polos resultados. Parece que algo cambia... Menos mal.
Comentario por (25-08-2009 03:46)
10 Weno weno weno, todo cambia "pa#blgtk08#ra ben" na tua opinión claro...
Comentario por (25-08-2009 11:53)
11 Home, se pasamos de haber polémicas (moitas) a non habelas, a ter aos principais gaiteiros que van ao resto dos concursos dacor#blgtk08#do, ao público (onde tamén importantes músicos) e ao xurado (músicos de recoñecido prestixio), é que moi mal non debe de ir...
Comentario por (25-08-2009 15:15)
12 Non hai polémicas xq existe xente co educación e xante sin ela, xe#blgtk08#nte que sabe ao que vai a un concurso e xente que non, simplemente
Comentario por (26-08-2009 11:25)
13 Acabo de ver no tube os vídeos do concurso e no estou dacordo co xurado. Non quero facer polémica pero non entendo#blgtk08# cal é o xuízo. Tampouco entendo por que algúns tocan neste concurso se xa son máis recoñecidos có xurado. Saúdos
Comentario por pisco (12-04-2010 03:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0