Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mini e Mero promoven o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade no Museo do Pobo Galego
?Ofrecemos o son colectivo ás novas xeracións?

?Levamos case corenta anos nisto?. O traballo dunha vida. A frase é de Baldomero Iglesias, alias Mero, un dos cofundadores de Fuxan os Ventos, que xunto co seu compañeiro Mini, nome tras o que se agocha Xosé Luís Rivas, leva a estudar a música tradicional galega toda a súa vida.


Refírese desta volta á compilación dunhas 600 cintas que compoñen o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, que estará localizado no Museo do Pobo Galego en Santiago e que presentaron onte, con dixitalización incluída. ?Usáronse filtros que non alteren a sonoridade orixinal?, explica Mero, porque ?a intención é que a xente coñeza as gravacións o máis puramente posible?, engade Mini.

A idea é ?ofrecer o son colectivo ás novas xeracións?, explica este, de maneira que se faga a aproximación ás gravacións ?dende o tempo no que foron vividas?. Isto, loxicamente, conleva unha ?contextualización enorme?, para a cal trouxeron ao proxecto ?transcritores, entendidos en contos, informantes para tratar o contexto e técnicos?, destaca Mero. Eles foron os encargados de clasificar en carpetas os contidos que dende hoxe se poden consultar na páxina web www.apoi-mpg.org, que está clasificada en ?arquitectura popular, contos, recitativos, ditos, adiviñas, lendas...?, indica Mero, facendo gala da heteroxeneidade dun proxecto que recolle ?de forma autodidacta? as narracións populares do país, ?algunhas de músicos populares que xa non vivían, pero que quedan na memoria?.

Nese elemento incide Mini, no de ?devolver á xente o que é da xente? e ?sen dixerir?. ?Escoitar unha interpretación libre dunha canción popular hoxe como ?Un adiós a Mariquiña?, que ten un significado profundísimo na época da emigración é lexítimo, pero doe?, explica, sendo el máis partidario de preservar a tradición do país antes que de introducir ?perturbacións?.



Os inicios do proxecto

É así, a través da tradición oral, como eles entraron en contacto coa música e o proxecto. ?Nos tempos de Fuxan os Ventos foi un cura o que nos meteu o veleno no corpo. Recuperamos o interese cultural pola música, e decidimos que había que recompilalo todo?, explica Mero, que recorda cómo botaron a andar esta iniciativa os dous sós, sen apoios de ningunha institución.

?Empezamos gravando todo o material nas cintas da época, despois pasámonos ao casete, e tamén hai algunhas fotografías e algo de cine, aínda que ao principio era moi difícil acceder a unha cámara?, indica Mero, que tamén recorda que ?había que dixitalizar todo isto rápido porque a humidade deteriorara moito a calidade das gravacións?.

O estudoso indica que das 600 cintas, a información en doce delas perdeuse por completo, mentres que en 250 había imperfeccións. Logo do traballo de remasterización, pódense consultar con calidade na web do proxecto.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-07-2009 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0