Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nova Galega de Danza presenta o CD 'Tradicción'
ANT TV achégase á terceira entrega das músicas da Nova Galega de Danza, unha compañía que leva máis dunha década fusionando ao vivo a danza e a música de raíz galega, tradición e vangarda con vocación universal.

A triloxía comezou no 2003 co espectáculo Alento, que foi finalista dos Premios MAX como Mellor Espectáculo Revelación, mentres que a edición en CD da música ao vivo fíxose merecente do Premio Opinión ao Mellor Disco Galego do ano 2005, e da distinción de Mellor Disco de Folk do ano para a revista Efe-eme (nº 75).

Engado chegou catro anos despois, e estivo presente na XIV Feira das Artes Escénicas de Galicia, o Festival de Ortigueira 2006, Festival Madrid en Danza 2006, Festival de Danza ESCENA 2007 de Navarra, Festival de Paredes de Coura (Portugal), Festival Internacional Meet in Beijing 2007 (Beixín), a Expo Zaragoza no 2008, ou a apertura da pasarela Gaudí de Barcelona.

Agora chega Tradicción, que recibiu o Premio de Ciencias e Artes da Representación 2009 outorgado pola Fundación Premios da Crítica?Galicia. Este merecemento consolida a arriscada aposta realizada por Nova Galega de Danza. A banda sonora creada por Pedro Lamas para os sete bailaríns e bailarinas do espectáculo pode adquirirse nas tendas dende o 16 de xuño.

Pedro Lamas asume a composición e dirección musical, coa achega de dous temas de Jacobo de Miguel. Na gravación do proxecto están Xabier Díaz e Toño Domínguez (voz, gaita e percusión tradicional), Suso Iglesias (acordeón), Ricardo Rozas (guitarra), Juan Collazo (vibráfono e percusión tradicional), Miguel Queixas (batería e percusións) e o propio Pedro Lamas (saxo soprano, gaita e percusión tradicional). As mesturas e a masterización corren por cargo de Guillerme Fernández.

www.anosaterra.org

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 01-07-2009 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0