Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

X Memorial Ricardo Portela
O Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza o Memorial Ricardo Portela, que este ano camiña pola súa décima edición. Durante os días 11 e 12 de Xullo, celebraranse, na praza de Ourense e na praza da Peregrina, as diferentes actividades.

Novamente, levarase a cabo a Mostra de Artesáns de Música Tradicional, que permanecerá aberta na praza de Ourense durante os dous días que dura o Memorial, nun horario de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

O sábado 11 de xullo terá lugar o concurso do Memorial, cunha fase eliminatoria pola mañá e unha final a partires das 20:00 horas na praza da Peregrina, coa actuación durante a deliberación do xurado do grupo Verdegaio. No concurso poderán participar agrupacións de música tradicional galega no formato de cuarteto, quinteto ou sexteto segundo as bases que podes consultar no enlace ao final desta nova. As inscricións haberán de formalizarse no rexistro do concello de Pontevedra en persoa, por carta ou FAX (986 862 590). É convinte confirmar a inscrición chamando ao rexistro no Tfno. 986 804 300.

Os importes dos premios en metálico para a presente edición serán: 1º-1500 euros; 2º- 900 euros; 3º- 600 euros. Ademais hai dous premios especiais: O ?Ricardo Portela? de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio de Don Ricardo e un premio ?Seivane-Goretex?, consistente nunha gaita creada especialmente para o X Memorial.

O Domingo 12, a partir das 20h, celebrarase o Festival de Música Tradicional que pecha o memorial coa actuación de Os Carunchos e Quempallou.

PROGRAMA:

MOSTRA DE ARTESÁNS DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS
SÁBADO 11 E DOMINGO 12

De 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h.
Praza de Ourense

SÁBADO 11 DE XULLO
12:00 | Saída Praza de Curros Enríquez - Pasarrúas dos grupos inscritos no concurso.
20:00 | Praza da Peregrina - Actuación dos grupos finalistas, resolución dos premios e actuación especial de Verdegaio

DOMINGO 12 DE XULLO
20:00 | Praza da Peregrina - Festival de Música Tradicional:
? Os Carunchos
? Quempallou

Cartel e Bases do Concurso

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (4) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-07-2009 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 estarán ben estas datas#blgtk08#?? o 13 non é luns,..?
Comentario por (24-06-2009 13:28)
2 como nos podem#blgtk08#os inscribir??
Comentario por david (30-06-2009 18:43)
3 A inscrición é no rexistro do Concello de Pontevedra, en persoa ou por correo antes do 8 de xullo.
#blgtk08#>
Nome do grupo, ci¡urriculo, compoñentes e nomes, enderezo e teléfono da persoa de contacto.
Comentario por Xan Gaiteiro (30-06-2009 19:53)
4 Tamén serve por fax, o nº aparece nas bases. Podedes cham#blgtk08#ar a Asociación de Gaiteiros para informarvos, 986847074
Comentario por (30-06-2009 22:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0