Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Presentación en directo do novo disco de Fía na Roca |
|
Fía na roca presenta o seu DVD Quince Maios, un traballo que fai repaso a toda a súa traxectoria musical e confirma á banda como parte da historia da música do noso país.
Quince Maios divídese en dúas partes: Por un lado contén a gravación do concerto-aniversario que a banda ofreceu o pasado 30 de xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela como celebración do seu aniversario; polo outro, o DVD contén entrevistas aos membros de Fía na roca e a diferentes persoeiros do mundo da música e da cultura do país, que conversan acerca da traxectoria do grupo, contan anécdotas ou participan da historia da banda.
Quince Maios estará nas tendas a finais de xuño, ata entón o DVD poderase conseguir en exclusiva e conxuntamente co xornal A Nosa Terra, ao prezo de 14? (2? o xornal, 12? o DVD).
Os subscritores do xornal terán que chamar ao teléfono 986 222 405 e encargar o DVD, sen custo adicional. A partires do 18 de xuño, Quince Maios estará nas tendas de música e grandes superficies, a 15?.
Fía na roca ofrecerá este xoves, 28 de maio, ás 21h, un concerto moi especial no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, no que presentarán Quince Maios ao público, dentro do ciclo Música con Raíces de Caixanova.
A cita é ás 21h e as entradas pódense adquirir a través de Servinova, o servizo de venda de entradas de Caixanova. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|