Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Volve Luar na Lubre
Volve unha das agrupacións máis destacadas do folk galego. Co seu novo CD-DVD, 'Ao vivo', Luar na Lubre recolle 18 cancións, interpretadas os días 22 e 23 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña, arroupada por diferentes colaboracións. Falamos co grupo.



Neste disco gravado en directo podemos escoitar os temas míticos da agrupación: "Tu gitana", "O son do ar", "Chove en Santiago", etc., amais dun tema inédito ("Axeitame polainiña") e tres colaboracións moi especiais de amigos como Luz Casal ("Camariñas") , Diana Navarro ("Romeiro ao lonxe") e Pedro Guerra ("Memoria da noite"). E por outra banda, xunto co CD vén un DVD co concerto completo e un "bonus track": Ismael Serrano canta xunta Luar na Lubre "El derecho de vivir en paz", en solidariedade con Palestina.

Luar na Lubre, na actualidade, son SaraL ouraço Vidal, voz e percusión; Xavier Ferreiro, nas percusións africanas e programación; Patxi Bermúdez, tambor, djimbek e bodhram; Xulio Varela, bouzouki, voz e percusións; Bieito Romero, gaitas, acordeón e zanfona; Eduardo Coma ao violín; Valero na guitarra acústica; e Xan Cerqueiro nas frautas.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2009 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0