Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ilda do Caurel, cantareira: ?Na montaña todos eramos músicos? |
|
A música dos filandóns do Caurel está agora recollida nun cd, vinte catro temas tradicionais herdadados da súa familia ou do cego de Eixón, orixinario do Brollón. A interprete é Ilda Álvarez Macía, veciña de Ferreirós, quen decidiu dar o paso e evitar que a tradición se perdese.
Na familia a convivencia coa música era acotío, o avó foi o gaiteiro de Ferreirós, Ramón Macía, e a nai a cantareira Amelia Macía. Agora Ilda está acompañada neste cd polos seus irmáns, Consuelo e Pepe, e por varios veciños de Ferreirós. Recoñece que actualmente cántase pouco. Segundo Ilda, ?cando había pobreza, curiosamente, había máis alegría?. Lembra as noites de inverno, cando a música era, sobre todo, un modo de relación entre os veciños. ?As noites, longas noites de inverno, pasabámolas ao lado do lume, cantando e contando contos?. Os cantares acompañaban tamén o traballo no campo. Na posguerra, o cego de Eixón reclamaba a Ilda nas súas visitas ao Caurel, onde compartiron filandón máis dunha vez.
Esta serra luguesa e, sen dúbida, a de maior produción de música popular. Ao longo dos últimos anos recolléronse máis de mil cantigas e catrocentos rexistros sonoros, preservados polo illamento no que se mantivo o Caurel ao longo de practicamente todo o século vinte.
Agora por enriba dos setenta anos, despois de actuar nos filandóns do verán e, incluso, acudir a New York, Ilda dá o paso e aglutina neste cd e dvd algo máis que música: o sentir dos veciños dun lugar illado secularmente, o Caurel.
A música forma parte da súa nenez?
Da miña, da dos meus irmáns e, diría máis, da de todos os veciños do Caurel. En Ferreirós non había noite onde non se xuntasen catro e ao pouco saíse xa unha cantiga. Tamén saían cando se traballaba ou cando tocaba namorar. O avó era gaiteiro e a miña nai, a parte de cantar ben, coñecía e conservaba moitas cantigas xa herdadas e que vas recordando de vez en cando.
Antes cantábase máis?
Non existían outros enredos. Había moita máis pobreza, pouco que comer pero, non embargante, había máis alegría. Agora parecemos máis amargados, iso si, máis ricos. Nas aldeas do Caurel, practicamente todo o mundo sabía cantigas e, incluso, iamos dun lugar a outro a cantar, montábase un filandón e xa había festa. Hoxe non hai xente nin predisposición.
As cantigas recollidas no cd son todas tradicionais?
Parte delas transmitidas pola miña familía, outras recollidas do cego de Eixón, que viña polo Caurel aos filandóns de Ferreirós e chamabame para actuar con el. Daquelas por esta montaña andaban varios invidentes de lareira en lareira e de casa en casa, actuando moitas veces polo caldo. Lémbrome que a pesar da pobreza, o cego de Eixón ofrecíame seis reais, que daquelas eran moitos cartos. Outras veces a miña nai, cando ía á feira a Quiroga, traía algo novo para o repertorio.
Temas que teñen doble vez?
Que sería da música tradicional se en moitas ocasións non falase dos curas ou da picaresca, perdería a substancia. Os contos e as cancións sempre bordean o sexo e logo cada un pode pensar o que quere. Pero tamén se cantaban moitos temas da Igrexa, de séculos pasados, os relacionados cos cantares de reis ou de Nadal. No cd recollemos desde romanzas medievais, de orixe carolinxia, a cantares nacidos despois da guerra civil.
www.anosaterra.org |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|