Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación de Ghaita de Pedra
Jose Varela, membro de Ghaita Depedra, di que os grupos novos da música galega padecen "certa inestabilidade" que fai que as súas propostas non teñan continuidade

"Na música galega, hai certa inestabilidade que afecta, sobre todo, aos novos grupos que van saíndo". Así opina o músico lugués José Varela que forma parte de Ghaita Depedra, a banda que este sábado, día 25 de abril, a partir das oito e media, presenta o seu primeiro disco, Nekiño, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

José Varela (violín e zanfona), Lourdes Armesto (voz e percusións), Pablo Condo (bodhran e percusións), Luis Rodil (frauta traveseira e gaita) e Xavi Fernández (guitarra e bouzouki) compoñen este grupo creado en 2001, que quedou finalista en dúas ocasións do concurso En clave de folk de Radio Obradoiro e actuou en escenarios de Euskadi, Cantabria e Asturias.

Ghaita Depedra ofrece no seu novo traballo, a súa particular visión do folk galego -ao versionar temas tradicionais- influenciado polas músicas do Leste de Europa e Irlanda, entre outras.

"As nosas fontes son da música tradicional de Galicia, pero tampouco somos un grupo de gaita, tamboril e bombo. Incluímos composicións propias pero con ritmos non demasiado estandar. Agora, debido a esta globalidade, temos máis acceso a outros tipos de ritmos como os dos países de Europa do Leste", explica Varela que tamén forma parte do grupo Sondeseu e dá clases de violín na Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo.

No panorama actual da música folk, Varela ve bastante "movemento". Porén, coida que existe "certa inestabilidade nos grupos que saen novos. Non vivimos o boom de hai algúns anos na música tradicional. Por iso facía falta algo máis de estabilidade para ter continuidade", sinala. "Facemos a música que nos gusta. No disco versionamos catro temas da música tradicional pero o resto son propios", considera.

O disco, gravado nos Estudios Abrigueiro de Friol por Arturo Vaquero, foi autoeditado polo propio grupo. "Tivemos que pagalo todo nós. Por iso non podiámos poñernos metas para gravalo. Pero como é autoeditado, está feito ao noso gusto", comenta.

"Nekiño", un xogo de palabras

"Nekiño é un xogo de palabras. Eu e Lourdes -cantante do grupo- temos un fillo e o grupo decidiu dedicarlle o disco a el. "Neko" en xaponés significa gato, e nós adaptámolo como Nekiño", explica Jose Varela.

Experiencias fóra de Galicia

Ademais de quedar finalistas en dúas ocasións do programa de Radio Obradoiro En clave de folk, o grupo conseguiu o mesmo posto no concurso Folkez Blai da localidade vasca de Ermua. Ademais, tamén quedou semifinalista do Escenario Prau de Cantabria. "Nestes lugares eu penso que a nosa música gustou bastante aínda que o criterio musical do xurado non concorde coa proposta musical que levamos", opina Jose Varela, que pasou por grupos como Xarín Gaiteiros do Incio, Nus ou Reviravolta.

Colaboracións de "padriños"

Para a gravación deste traballo, Ghaita Depedra contou coa colaboración de artistas de renome dentro do panorama folk como son Anxo Pintos, Iván Costa, Begoña Riobó, Julio Abal, Antón Méndez, José García -un dos membros fundadores do grupo- e Efraím Díaz. Ademais, o día do concerto de presentación do disco tamén contarán cun número de baile do Proxectodanza.folk. "Moitos deles son amigos que apadriñan o noso disco e que quixeron estar connosco ese día tan importante", explica Jose Varela.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2009 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0