Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xornada de música tradicional en Monforte
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, no seu afán de incrementar a presenza da música tradicional galega na sociedade actual, dedicou unha xornada didáctica á percusión tradicional, zanfona e cantos de cego na vila de Monforte de Lemos. Esta xornada tivo lugar na tarde do domingo 19 de abril, no salón de actos da casa da cultura.

Esta actividade estivo guiada polos mestres da Tradescola Luis Correa ?O Caruncho? e Xose Lois Romero Cajigal. O numeroso público asistente puido gustar dun concerto didáctico no que Luis ?O Caruncho? amosou os secretos da zanfona, cantos de cego, romances... e Xosé Lois ensinou as distintas percusións utilizadas na música tradicional. Posteriormente, os mestres estiveron a disposición dos asistentes para responder a calquera dúbida ou inquedanza sobre os distintos instrumentos.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2009 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0