Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Uxía
Uxía regresará hoxe a Vigo para presentar o seu novo disco ?Eterno Navegar? cunha actuación no Centro Cultural Caixanova, acompañada por Paulo Borges (piano), Santi Cribeiro (acordeón), Xacobe Martínez (contrabaixo), Quiné (batería), Jon Luz (cavaquinho) e Rubén Santos (trombón).
Este traballo supón a evolución de toda unha traxectoria.


Uxía aposta unha vez máis pola simbiose das músicas lusogaláicas. foto: s.e.Artista por tódolos poros do pel, Uxía Domínguez Senlle naceu en Sanguiñeda (Mos), en 1962. Comezou no mundo da música moi cedo, actividade que se materializou en 1986 coa publicación de ?Foliada en marzo?. Formou parte de Na Lúa e no 1991 iniciou a súa carreira en solitario. A dous días da súa cita co público vigués e na véspera do ?concerto per a l?Exili? en Barcelona analizou para Atlántico a súa pegada musical.

Neste último traballo, ?Eterno navegar?, apréciase o influxo de sons doutros países.
A impronta africana e brasileira xa está en temas anteriores. Agora incorpóroa partindo das atmósferas de Galicia en conexión con outros territorios atlánticos: vai do verde ao deserto na procura dunha sonoridade común. Graveino en Sintra, en total sosego.

Dende os seus comezos nos 80, como madurou o folk galego?
Na esencia non cambiou tanto, eu fun experimentando na procura dunha sonoridade nova. O meu paso por Na Lúa axudoume a visualizar a importancia da música de raíz. Se mudou, foi para ben, xa que apareceron voces novas que suman diferentes visións das interpretacións. É curioso a maior presenza da muller en tódolos campos.

A música galega goza de boa saúde?
Envexabel, está consolidada e o nivel das súas escolas e o coñecemento sobre os instrumentos tradicionais é incomparabel.

Mantén o seu compromiso coas intérpretes populares, que aportan ao ámbito musical?
Aportan moitísimo: a súa sabidoría, as súas voces. Tanto no caso das Cantereiras do Berbés como en Malvela xurdiron dun curso de canto que impartín: animainas para que non quedase na casa o seu canto; como productora, apostei por unha mestura interxeracional, por unha tradición viva.

O público urbano como o vigués ten outra sensibilidade?
A cuestión urbana e a rural non están moi afastadas en Galicia, case non hai fronteira. Gústame Vigo porque é un público moi heteroxéneo, esixente e maduro. O meu espectáculo será participativo e interxeneración.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2009 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0