Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Uxía presentará en Vigo o seu novo disco
Uxía presentará en Vigo o seu novo disco, 'Eterno navegar', dentro do ciclo Música Babel

A cantante e folclorista Uxía presentará en Vigo, no marco do ciclo de Caixanova Música Babel, o seu novo disco Eterno navegar. O Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural da entidade financeira na cidade olívica acollerá o concerto o venres 17 de abril ás 22.30 horas. A artista chega a Vigo tras ser galardonada cun Premio da Música, na categoría de mellor canción en galego, polo seu tema "Rumores de falúas".

Máis de vinte anos de carreira artística converten a Uxía nunha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. Desde o seu debut discográfico con Foliada de marzo en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro para as diferentes culturas, un modo de comunicación entre pobos e xentes.

Agora preséntanos o seu novo disco, Eterno navegar, no que partindo da tradición e das atmosferas do seu lugar de orixe, Galicia, reinventa e personaliza os sons que a relacionan con países como Portugal, Brasil ou Cabo Verde. O Atlántico impregna o seu novo traballo, ofrecendo un paseo polos ambientes e ritmos destes territorios á vez que retoma tamén a música e a poesía do seu país. Uxía percorre camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos que se mesturan coa súa melodiosa voz e o seu estilo intimista. Conxuga á perfección o compás dos tambores coas doces melodías galegas e funde o fado, o alalá e a morna para destilar un perfume único. Con Uxia participan Paulo Borges como pianista e director musical, Quiné como batería e percusiones, Xacobe Martínez ao contrabaixo e Santi Cribeiro ao acordeón.

O ciclo Música Babel suscítase unha vez máis co obxectivo de achegarnos a culturas afastadas combinadas co que se fai dentro das nosas fronteiras. Trátase dun ciclo de seis concertos que deu comezo en xaneiro coa actuación do grupo estadounidense Calexico e continuou coa presenza da portuguesa María de Medeiros, o quinteto de música persa Ensemble Rezvan e a cubana Omara Portuondo. O ciclo finalizará no mes de maio coa mexicana Lila Downs, que presentará o seu último traballo Ojo de culebra.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2009 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0