Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Luar na Lubre soa mellor 'Ao Vivo'
Presentaron en Madrid o seu primeiro disco en directo en 24 anos de carreira, e a xira que os levará por todo o Estado para promocionalo Concerto de Luar na Lubre no Teatro Colón da Coruña.

Luar Na Lubre, un dos máis exitosos grupos de folk galegos, comeza a celebración do seu 24º aniversario cunha xira e a publicación do seu primeiro álbum en directo, Ao vivo. Onte presentaron en Madrid este disco que foi gravado en dúas actuacións os días 22 e 23 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña, coas colaboracións especiais de Luz Casal, Pedro Guerra e Diana Navarro.

O primeiro concerto da xira Ao vivo será o 16 de abril no Teatro Fernán Gómez de Madrid dentro dunha xira de concertos que culminará o próximo mes de outubro en Castellón.

Temas clásicos como Tu gitana, O son do ar, Pousa ou Chove en Santiago así como o inédito Axeitame a polainiña foron algunhas das cancións que se escoitaron nesas actuacións en xaneiro, con todas as entradas vendidas, "un feito inusual entre os grupos de música folk", afirmou onte Bieito Romero, un dos fundadores do grupo.

"Temos a sorte de ser moi queridos na nosa terra, ademais de ser aceptados no exterior", destacou Bieito, compositor dun grande número de cancións do grupo quen engadiu que "esta gravación en directo foi moi especial para a súa formación, porque o Teatro Colón é o Square Garden galego", sentenciou.

Ao vivo, que sae á venda hoxe mesmo, inclúe un documental, o concerto completo e un ?bonus track' con Ismael Serrano que interpreta O dereito de vivir en paz, unha homenaxe ao poeta e cantor Víctor Jara.

O disco é, para Romero, "unha homenaxe a unha formación que se vive e se goza sobre todo en directo". Proba diso son os máis de 800 concertos en 26 países diferentes, aos que o grupo levou a súa visión persoal da música tradicional galega, dende que iniciou a súa andaina en 1986.

IDENTIDADE GALEGA E COLECTIVA

A cultura e o idioma de Galicia son outros dos piares nos que se basea o septeto. En palabras do seu líder, son a base do seu éxito, xunto a "unha liña creativa clara e a boa relación entre os seus membros". "Non obstante, Luar Na Lubre non se cingue só ás muñeiras, viras ou carballesas propias de Galicia", puntualizou Romero. Entre o repertorio deste dobre álbum atópanse adaptacións de cancións tradicionais irlandesas (Os animais), inglesas (Romeiro ao Lonxe) e portuguesas, como Tu gitana, de Zeca Afonso.
"Compartimos con todos estes lugares un concepto un tanto ambiguo e incerto, inventado nos anos 60, que é a música celta, na que os instrumentos e un modo concreto de interpretar nos une en certo modo a galegos, irlandeses e bretóns", comentou Romero.

Unha cultura celta común que debeu de atraer o músico británico Mike Olfield ata o punto de incluír unha versión de O son do mar de Romero, no seu disco Voyager (1996) e a invitalos a participar na súa xira Then&Now de 1999 como grupo revelación. O seu son non coñece fronteiras

www.xornal.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 31-03-2009 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Magníficos! #blgtk08#Os mellores!
Comentario por Santiago (01-04-2009 19:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0