Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Novo disco de Pancho Álvarez |
|
Galicianos de Pancho Álvarez en primicia dixital antes do seu lanzamento
O novo disco de Pancho Álvarez xa está dispoñible na tenda de PAI Música www.paitunes.com en formato dixital, unha primicia exclusiva de PAI Música antes do lanzamento oficial deste novo disco de Pancho Álvarez.
Lanzamento dixital exclusivo de PAI Música
Adiántate ao lanzamento do disco e mércao en formato dixital. Xa podes mercar este disco en formato dixital a alta calidade antes de seu lazamento oficial.
Trece pezas musicais, coas que o artista se mergulla nos ritmos galegos para atopar diferentes sonoridades, contando para elo coas colaboracións de Álvaro Iglesias ao contrabaixo e a voz de María Solleiro.
O título do traballo fai referencia a unhas moedas acuñadas na época do antigo Reino de Galicia. Estas moedas, ademais doutros moitos tesouros, agochábanse segundo a mitoloxía popular baixo os castros e as mámoas, onde os seus donos os mouros vivían e mantiñan tratos cos homes.
Pancho Álvarez, músico recoñecido na escena galega, é un multiinstrumentista que domina os instrumentos de corda, ademais dun excelente cantante. Nos seus traballos combina a tradición coa súa propia bagaxe musical, dándolle a todos eles un son fresco e cheo de matices e ofrecendo unha espectacular visión das vellas tradicións, pero dun xeito moderno e actual.
O músico porriñés deuse a coñecer como violinista do grupo ?Na Lúa? a comezos dos anos 80. A partir de 1993 entraría a formar parte do desaparecido grupo ?Matto Congrio?. Ademais de ser un asiduo colaborador de Carlos Núñez, no ano 1998 publicou o seu primeiro traballo en solitario, ?Florencio, o cego dos Vilares?, onde recollía a tradición dos cantares de cego facendo unha sentida homenaxe ao último dos violinistas cegos. No 2001 sairía o mercado o seu segundo traballo, ?Nas cordas.?
www.pai-musica.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|