Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Parque das Illas Atlánticas elixido o mellor monumento natural de España
O Parque Natural das Illas Atlánticas, formado polos arquipélagos da costa galega, proclamouse como o mellor Monumento Natural de España con 1.733.675 millóns de votos, mediante a votación realizada pola web de Informativos Telecinco. En segundo lugar quedaron os Picos de Europa (en Asturias), con 1.201.458, e a Praia das Catedrais de Ribadeo (tamén en Galicia), con 1.009.161 votos, conseguiu o bronce nesta elección.

Ata o 14 de febreiro, e durante dous meses, os internautas da web de Telecinco puideron votar ó seu Monumento Natural favorito, e, ó concluír o proceso, foron máis de cinco millóns de votos os recolleitos.

Esta iniciativa de Telecinco subliña o valor natural dos catro arquipélagos que forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) que reúnen todos os requisitos para ser elixidos, mediante unha votación popular, como a xoia natural máis importante de España.

As Illas Atlánticas, ademais de ser o primeiro Parque Nacional de Galicia, rexistrado no ano 2002 e transferido á Comunidade no 2008, conta tamén con outras mencións, xa que o diario británico The Guardian elixiu en 2007 a praia de Rodas (nas Illas Cíes), como a máis bonita do mundo.

Nesta ocasión, Galicia é recoñecida pola riqueza e beleza do seu patrimonio natural por partida dobre, xa que a esculpida e acantilada praia das Catedrais foi elixida como terceira paisaxe predilecta con máis dun millón de votos, impóndose a Cabo de Gata ou a Serra Nevada.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2009 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 He, he,....,votei polas Cíes pero eso de que é parque natural e a alegría de ser transferida a nosa comunidade é a súa perda, polos bonitos letreiros que hai por todo Vigo co lema de que Rodas é a mellor praia do mundo,idea de Santi para aumentar as visitas turísticas na illa.Xa están a facer recheos, están a ampliar o muelle de atraque dos ba#blgtk08#rcos que este verán levarán a unhas 2000 persoas por día as Cíes.Están a por antenas e hai un heliporto.Perdoade pero esto non é o que eu entendo por parque Natural. Ven que se espabilou o bipartito para transferir as Illas atlánticas a Xunta. GALIZA NON SE VENDE E ESTES MERDEIROS VAN A ACABAR CON TODO,

Doris
Comentario por Doris (19-02-2009 00:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0