Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Especial Son de seu na noiteboa da TVG

Hoxe, mércores, día 24/12/2008

na TVG ás 21:50

Unha noite de ledicia e harmonía, así se pode imaxinar que é a sensación dunha Noiteboa, que contará este ano cun escenario especial na Galega e como protagonista a considerada primeira orquestra folk de Galicia, SonDeSeu.
Sinopse de ?Especial Nadal TVG 08?

Especial Noiteboa, con SonDeSeu, a primeira orquestra folk de Galicia


Unha noite de ledicia e harmonía, así se pode imaxinar que é a sensación dunha Noiteboa, que contará este ano cun escenario especial na Galega e como protagonista a considerada primeira orquestra folk de Galicia, "SonDeSeu". Creada como un proxecto da Escola de Artes de Vigo e liderada por Rodrigo Romaní e por Anxo Pintos, a orquestra está integrada por 40 músicos, entre alumnos e profesores, que porán a proba no seu concerto desta noite a enerxía e a pureza acústica da música tradicional galega, desde o Pazo de Congresos de Pontevedra.

Desde un espírito aberto, a orquestra folk recrea un repertorio tradicional e de nova composición, un timbre fundamentalmente acústico, instrumentos do país construídos por artesáns e arranxos contemporáneos na liña do xa clásico folk galego, producidos en exclusiva para a formación polos profesores das aulas do conservatorio.

Liderada por Rodrigo Romaní (ex compoñente de Milladoiro) e por Anxo Pintos (Berrogüeto), que guiarán o concerto desta noite, a orquestra ten no seu haber dous discos, "Mar de Vigo" (2004) e "Trastempo" (2007), e envólvese nunha escena moi coidada e orixinal que lle valeu ser o grupo revelación do Festival Celta de Ortigueira na súa 25 edición.

Sobre o escenario desta noite soarán, entre outras, interpretacións clásicas da Noiteboa, como "Canto de Nadal", "O galo", "A pequerrecha", "Danza de Reis de Riofrío", "A gaita de Melchor", "Cantos de Nadal de Carois e Rinlo", e amais actuarán como solistas Soledad Giménez e Carmen Paris.

A agrupación musical percorreu escenarios diferentes entre os que figuran o Festival Celta de Orejo; Folkinvierno Las Rozas; FolkSegovia; Festival Cetfest en Cork, Irlanda; Castelo Branco, Portugal e Festival Intercéltico de Lorient, entre outros.

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2008 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 E coma sempre esquécense de mencionarnos a nós... pois non somos solistas pero bailamos, leñe!
Claro, como na tel#blgtk08#tegaita os "ballets" sempre están de "adorno" deberon pensar que esta vez sería o mesmo.
Que se lle vai facer...
Comentario por Nuria (24-12-2008 18:17)
2 que razón tes, Nuria . os chichisos fixemos unha campaña que se ch#blgtk08#amou " NON SEN O NOSO NOME ". podes ler o manifesto no noso blog.
Comentario por xosé (25-12-2008 19:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0