Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Roteiro polo Courel |
|
26 de outubro: O Courel
Dende hai anos, en ADEGA-Lugo organizamos roteiros mensuais nos que se tenta combinar o obxectivo lúdico co reivindicativo: ao tempo que camiñamos, gozamos da natureza e coñecemos o noso país, procuramos que a nosa presenza sirva para mover conciencias, denunciar agresións ambientais, sobresaír o valor ecolóxico dos nosos espazos naturais e reclamar a súa protección. Este curso o tema da programación son os Parques Naturais, os xa declarados e propostas de novos espazos para ser declarados como tais.
Os Parques Naturais son áreas naturais pouco transformadas pola explotación ou ocupación humana que, atendendo á beleza das súas paisaxes, á representatividade dos seus ecosistemas ou á singularidade da súa flora, fauna, ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, resultando a súa conservación obxecto de atención preferente.
Dende ADEGA entendemos que a declaración dunha zona singular como Parque Natural debe ser un beneficio para a comunidade en xeral, e en especial para os habitantes dese espazo. Está en trámites a declaración de Os Ancares e O Courel como Parques Naturais, e dende ADEGA queremos apoiar esta opción, polo que decidimos dar a coñecer estes espazos a toda a cidadanía organizando case de xeito monotemático visitas a estes lugares. En ADEGA queremos que visites e goces destas marabillosas paisaxes, pero tamén que coñezas cales son as súas principais ameazas e as posibilidades que teñen de solución.
A este roteiros poden asistir socios/as ou calquera persoa interesada en coñecer o noso medio e de calquera parte de Galiza.
Os/as participantes serán informados debidamente do nivel de dificultade dos roteiros, do traxecto, dos víveres necesarios, etc. A continuación presentamos o PROGRAMA DE DESTINOS:
26 de outubro: O Courel
23 de novembro: Os Ancares
21 de decembro: O Courel
18 de xaneiro: Os Ancares
15 de febreiro: O Courel
29 de marzo: Os Ancares
19 de abril: Pena Trevinca
24 de maio: Serra do Xurés
21 e 22 de xuño: Monte Invernadoiro
Saímos sempre de diante da Escola de Maxisterio de Lugo (Av. de Ramón Ferreiro) ás 9 da mañá. Anotádevos previamente chamando ao 699626660 (Xosé Luis), 679113718 (Mariluz) ou 982240299 (local de Adega-Lugo).
www.adega.info
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|