Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A venda ás entradas para Fuxan Os Ventos |
|
Xa á venda as entradas para o espectáculo Terra de Soños de Fuxan os Ventos
Xa se poden mercar os billetes para o espectáculo Terra de Soños, que suporá o regreso de Fuxan os Ventos, os días 18 e 19 de outubro no Auditorio de Galiza (Santiago de Compostela), dentro do ciclo Sons da Diversidade.
As entradas están dispoñíbeis na web de Caixa Galicia e no teléfone 902 434 443.
Na véspera e nos mesmos días das actuacións tamén estarán á venda nas billeteiras do Auditorio de Galiza. O horario para adquirirlas é de 12:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h. Nos próprios días de actuación, as billeteiras permanecerán abertas até as 20:30h.
Prezos: de 10? a 20?
www.fuxanosventos.net
18 outubro :
Fuxan os Ventos
Auditorio de Galiza (Santiago de Compostela)
19 outubro :
Fuxan os Ventos
Auditorio de Galiza (Santiago de Compostela)
Fuxan os Ventos regresa ao escenario co espectáculo Terra de Soños
Terra de Soños, o espectáculo que Fuxan os Ventos levará ao Auditorio de Galiza os próximos 18 e 19 de outubro e que suporá o regreso aos escenarios do senlleiro grupo galego tras case dúas décadas, contará coas colaboracións de Guadi Galego, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Uxía, Rodrigo Romaní, Pepe Ferreirós, a compañía Nova Galega de Danza, Miguel Lustres e Sabela.
Xunto con todos eles, o grupo reinterpretará os temas máis emblemáticos do grupo dende unha visión renovada, xa que, amáis das colaboracións mencionadas, Fuxan os Ventos contará co acompañamento de Xosé Lois Romero, artífice tamén dos arranxos instrumentais para este proxecto. Nesa banda atoparanse o cuarteto de corda Saiva Nova, Simón García ao contrabaixo, Roi Adrio ás percusións, Guillermo Fernández á guitarra e Benjamín Otero ao oboe.
O Auditorio de Galiza será o espazo no que terá lugar a agardada reunión, nos días 18 e 19 de outubro, dentro do ciclo Sons da Diversidade que organiza a Concellería de Cultura de Santiago de Compostela. O espectáculo está patrocinado pola entidade Xacobeo, a Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela, a Televisión de Galicia, a Radio Galega, a Consellería de Cultura a través de Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e o Restaurante 0?16. Colabora, asimesmo, Vieiros.
Para saber máis sobre o espectáculo, preme aquí.
www.nonsi.es
 |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|