Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O cómic galego gaña os premios do público no Saló de Barcelona |
|
A revista 'Retranca', dirixida polo debuxante Kiko da Silva, o autor Alberto Vázquez, director ademais do 'Fanzine Enfermo', e Antonio Seixas fixéronse no Saló de Barcelona cos premios Mellor revista, Mellor debuxo de autor e Mellor guión respectivamente, concedidos polo público.
O público confiou nos galegos. A expectación xerada nos últimos anos ao redor da banda deseñada galega lonxe de decaer na 26 edición da cita máis importante do Estado fixo que se cumpriran as quinielas máis optimistas e que os nosos autores regresasen con varios premios baixo o brazo.
A revista de humor Retranca, dirixida polo debuxante e alma mater do colectivo Bd Banda Kiko da Silva, fíxose co premio do público a Mellor Revista do Estado. Con só 6 meses de andaina, Da Silva asegura que foi ?toda unha sorpresa? recibir o premio e unha ?alegría moi grande, polo que significa?. ?Os nosos lectores acordáronse de nós?, comenta. Como el mesmo explica, en edicións pasadas a diferencia entre a publicación gañadora e a que ocupa o segundo lugar foi mínima. ?Nas votación contamos con moitos máis votos que ningunha, e con moita diferenza?, sinala Da Silva.
Á hora de falar da consolidación do proxecto, Da Silva móstrase cauto, pero confesa que o premio ?dá ganas de seguir loitando para conseguila?. ?É unha tarefa que lle corresponde aos lectores máis que aos galardóns e aos recoñecementos?.
Dentro das actividades paralelas que ten en marcha a revista atópase unha mostra itinerante, que permanecerá en Redondela até finais de mes e na que se exhiben os traballos dos seus autores. Pero a exposición non é a única actividade coa que o colectivo se está a promocionar. Unha delas é a creación de curtametraxes co material gráfico da revista, e a súa exhibición na rede.
Os traballos subirase ao blog da revista e nel poderán participar os creadores que o desexen.
Kiko da Silva anunciou ademais que o grupo está a barallar a posibilidade de crear os premios Retranqueiros á mellor e peor iniciativa da banda deseñada galega do ano, así como a posta en marcha dunha liña de camisolas cos deseños editados na revista.
Neste momento Retranca ten na rúa o seu sexto número dedicado as series galegas.
Alberto Vázquez, mellor debuxo
O autor e director do Fanzine Enfermo foi premiado en Barcelona por partida dupla. Dunha banda físoxe co premio do público de Mellor debuxo por El Evangelio de Judas, editado por Astiberri. Doutra, acadou o premio do xurado ao Mellor fanzine por Fanzine Enfermo, que pechou as súas páxinas o pasado ano. Con este galardón o autor dá por concluído un ciclo na súa traxectoria, máis centrada na actualidade no mundo da ilustración coas súas colaboración no xornal El País e a editora OQO.
Pola súa parte, Antonio Seixas recibiu o premio do público ao Mellor guión por Un home feliz (Edicións de Ponent). Para o debuxante foi unha sorpresa e unha gran satisfacción facerse co recoñecemento e agarda que no futuro se traduza nun maior respaldo editorial.
O premio chégalle inmerso nun novo proxecto: ilustrar o que será o novo disco da banda inglesa Marillion, que verá a luz despois do verán. En activo dende a década do 80, o grupo confioulle ao galego as preto de 200 ilustracións que conformarán o libreto do novo traballo. Como el mesmo explica, as ilustración están dacabalo entre a fotografía e o debuxo dixital explorado en Un home feliz.
Seixas engrosa así o crecente número de autores que se embarcan en proxectos musicais. Máis que falar de fenómeno música-cómic, ve esta tendencia como un xeito de paliar a piratería. Ao seu ver, é necesario ofrecerlle ao público un contido extra que o mova a mercar os discos.
www.anosaterra.org |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|