Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
III Seminario sobre Palletas e Pallóns para gaita galega |
|
O próximo domingo 27 de abril celébrase en Melide, organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos coa colaboración da Asociación Castelo de Melide, o III Seminario sobre Palletas e Pallóns para gaita galega.
Será a partir das 11h da mañá no centro multiusos desta localidade e a entrada é totalmente gratuíta.
Ao longo da mañá abordaranse temas fundamentais e problemáticos, tanto para artesáns como para intérpretes, que xiran en torno á elección da palleta, empalletado, afinación da gaita, conservación das palletas... e todo se fará baixo os garantes que proporcionan o coñecemento e a amplísima experiencia como é a que teñen os participantes neste seminario: Amado Domingo ?Cubero? e Sito Carracedo.
A Asociación de Gaiteiros Galegos, con este seminario, quere facer especial fincapé no tema das palletas e pallóns e a estreita relación que esta actividade ten coa construción e a interpretación do instrumento. Agardamos que se cree un ambiente propicio para que se dea un proceso de intercambio de ideas e opinións acerca dun tema que, en moitas ocasións, é obviado ou non ten acadado a atención que merece por parte de estudosos, artesáns e intérpretes da música tradicional e que, sen embrago, é fundamental para a perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura.
Durante todo o día poderase asistir ás diferentes actividades que a Asociación Castelo de Melide ten programadas na IV Foliada de Melide.
www.gaiteirosgalegos.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|