Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Budiño e Mercedes Peón, no festival da asociación de enfermos de alzhéimer
Os gaiteiros Xosé Manuel Budiño e Mercedes Peón son os cabezas de cartel do II Festival de AFAMO, a asociación de familiares de enfermos de alzhéimer de Moaña, un festival organizado por Pucho Romero para recadar fondos para que o colectivo leve adiante actividades cos enfermos e as súas familias. Na edición do ano pasado, a tres euros a entrada, recadáronse uns seis mil euros. Este ano custará cinco euros Celebrarase o próximo día 9 de maio en Reibón, Moaña.

Ademais dos dous gaiteiros, estarán Eva Carreiras, unha das participantes en Operación Triunfo e agora xurado en Son de Estrelas, da TVG; o dúo de boleros Fran e Lolo Miranda, José Costas, Tucho Perete» e o coro San Xosé, o grupo de gaitas Barlovento, o grupo Lembranzas e os humoristas Pepe «O Caramuxo» e Juan Lorenzo. Presentarán o festival Luis «de Nadas» e Xil Ríos.

Budiño, que tamén actuou na primeira edición, o ano pasado, dixo que está xa pensando na axenda dos músicos galegos do próximo ano. «Estaría ben que se pelexaran para actuar non festival de AFAMO», dixo onte, no acto de presentación ao que asistiron a presidenta da asociación Fina Cancelas, o promotor do festival e os concelleiros de Servizos Sociais de Moaña, Cangas e Bueu, concellos que achegan subvencións para o funcionamento de AFAMO. O gaiteiro moañés proponse, efectivamente, convencer a outros músicos da elite galega para que participen en futuras edicións do festival. A súa pretensión é que este festival teña a «máxima repercusión; darlle a máxima bóla posible», asegurou.

Mercedes Peón, dixo, actúa a noite anterior en Málaga e desprazarase a Moaña o mesmo día do festival, acudindo á súa invitación para actuar sen cobrar no festival en prol dos enfermos de alzhéimer. Ambos ofrecerán un breve concerto a dúo, só coas súas gaitas, aínda que Budiño adiantou que non descarta aparecer con algún outro invitado.

AFAMO está á fronte do centro de día de Moaña, ao que acoden 40 enfermos do Morrazo. O centro pasará, probablemente antes do verán, a integrar a rede galega impulsada por Vicepresidencia. A asociación seguirá xestionando o local e a Xunta farase cargo dos gastos

A presidenta indicou que hai outras 20 persoas en lista de espera. Entre os proxectos do colectivo esá facerse cun segundo local para facer con eles talleres, actividades e empezar tamén a traballar con enfermos leves. A asociación impulsa así mesmo diversas actividades de apoio ás familias. Os ingresos do festival representan un 5% do seu orzamento total.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0