Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XX Aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos

A ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS CONMEMORARÁ, AO LONGO DESTE ANO, O SEU 20 ANIVERSARIO

Será un ano repleto de actividades dirixidas á normalización e dignificación da música tradicional galega.
A Asociación de Gaiteiros Galegos foi constituída legalmente no 1988 por gaiteiros tan insignes como o finado Ricardo Portela


PONTEVEDRA, a 27 de xaneiro de 2008.
A xunta directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos celebrou hoxe en Pontevedra unha xuntanza para pechar o programa de actividades que conmemorarán, ao longo deste ano 2008, os 20 anos de vida desta asociación. Os actos de celebración destes 20 anos de existencia da AGG (Asociación de Gaiteiros Galegos) terán como obxectivo fundamental achegar á sociedade a música tradicional galega e poñer en valor a figura do músicos, bailaríns, artesáns e demais persoas que durante decenas de anos mantiveron viva esta expresión da nosa cultura que é, sen dúbida, unha das máis ricas de Europa.

Ao longo deste ano 2008 a AGG levará a cabo algunhas actividades especialmente deseñadas para conmemorar o seu 20 aniversario. Estas actividades completarán a actividade anual que a AGG ven programando de xeito periódico para a difusión, formación e promoción no eido da música tradicional galega, é de destacar a organización de mostras de artesáns como as de Pontevedra ou Pardiñas (Guitiriz), a edición de libros-cd como O Quiquiriquí ou o Pelogato 24, a realización anual dun Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, edición dun boletín trimestral Aturuxo, a participación no espazo O Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira da Radio Galega, a xestión de unha aula de Zanfona na cidade de Lugo, a organización do Encontro de Tocadores de Trompa na Fonsagrada e do Seminario sobre a Palleta en Melide.

A AGG conta neste momento con máis de 600 asociados e asociadas distribuídas por todas as comarcas galegas e na Galiza exterior. A través dos seus asociados, ten presenza na maior parte das asociacións e colectivos culturais que desenvolven actividades en torno á música tradicional no país. A AGG é a entidade asociativa máis representativa e con maior peso específico no tocante á música tradicional en Galiza. Segundo o presidente da AGG, Santiago Caneiro Aneiros, ?é para nos unha responsabilidade facer que todas as persoas que teñan algo que dicir sobre a nosa música tradicional, en todas as súas vertentes, participen activamente na consolidación deste proxecto asociativo?. Con estas declaracións Santiago Caneiro fixo referencia ao empeño que a AGG ten en abrir as súas portas a todos aqueles músicos, artesáns, bailaríns, e demais persoas vencelladas á música tradicional galega.

UNHA ASOCIACIÓN CREADA PARA DEFENDER A DIGNIDADE DA MÚSICA TRADICIONAL


A comezos da década dos 70 tiveron lugar en Ortigueira as primeiras xuntanzas de gaiteiros e artesáns coa común preocupación de unificar criterios deste gremio de profesionais. Pero foi o 28 de maio de 1988 cando Antonio X. Castro, Xosé Vicente Ferreirós (membro de Milladoiro), Xosé Fernández Costas, Xosé Álvarez Marías, Ricardo Santos, Xosé Domingos Fuciños, Xoan Dominguez Silvar, Xoán Xosé Fernández forman a primeira Xunta Xestora na que actuaría como presidente provisorio o finado e emblemático gaiteiro de Viascón Ricardo Portela.

As primeiras actuacións desta primeira xunta xestora foron dirixidas a estructurar o que hoxe é a AGG. Creáronse vocalías nas vilas e cidades galegas e comezouse unha campaña de implantación que acadou uns cento cincuenta socios entre gaiteiros, percusionistas, artesáns, musicólogos, investigadores e xente en xeral vinculada ao mundo da cultura galega. Así votaba a andar a única asociación de músicos tradicionais con implantación en todo o país galego.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-01-2008 01:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0