Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Comeza a xira do espectáculo Humor Neghro |
|
Carlos Blanco & Manecas Costa
Humor Neghro, que así se chama o show, estrearase este venres 25 de xaneiro en Pontevedra.
A obra é unha función da compañía Abada Teatro, mediante a que se pretende reflexionar sobre unha realidade tan próxima, tan galega e tan africana como é a emigración/inmigración", apuntan desde a propia agrupación teatral. Nesta función únense a música e o humor con textos propios de Blanco e Costas, así como de autores como Antón Reixa, Xosé Cid Cabido ou Zé Rui.
HUMOR NEGHRO lévanos ata a música africana a idea central da morte como referente e leit-motiv. Cun esquema pensado para ser entendido por galegos/as, pero tamén coa ambición de chegar a ser visto e entendido na Península Ibérica e mesmo en toda a Lusofonía.
HUMOR NEGHRO parte dun diálogo relaxado entre dous creadores recoñecidos cada un no seu campo, e terminará cunha festa para o público. A forza escénica e o magnetismo de Manecas Costa e Carlos Blanco garanten que así será aínda ademais dunha posta en escena de luxo en canto a luz, son e imaxe.
Actuacións
Xaneiro
25 de xaneiro Auditorio Pazo da Cultura de Pontevedra
26 de xaneiro Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo (Pontevedra)
Febreiro
17 de febreiro Centro Socio-cultural de San Sadurniño (A Coruña)
23 e 24 de febreiro Teatro Principal de Ourense
Marzo
28 de marzo Casa da Cultura de Burela (Lugo)
Abril
5 de abril Caixanova de Cangas do Morrazo (Pontevedra)
18 de abril Auditorio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Maio
8 de maio Caixanova de Ferrol (A Coruña)
9 de maio Caixanova Lugo
10 e 11 de maio Caixanova Vigo (Pontevedra)
17 de maio Auditorio Municipal de Narón (A Coruña)
Xuño
6 e 7 de xuño Teatro Principal de Santiago de Compostela (A Coruña) |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
ola!!
eu estiven hoxe vendo ese espectáculo e encantoume!É divertidísimo!!
anímovos a todos a que vaiades!!#blgtk08#
non vos ides arrepintir!
iso si,é para maiores de 16,ten cousas moi fortes...!xD
bikos!!!! |
|
|
Comentario por Taty(Rebordondo) (25-01-2008 16:27) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|