Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xúa: Novo grupo galego con disco

O quinteto Xúa presenta o seu primeiro disco editado por Galiza Sons

Xúa son un quinteto novo de moita experiencia. Novo porque debutan discográficamente como grupo, pero individualmente os seus compoñentes teñen participado en diferentes experiencias musicais que van desde tocar con grupos de longa historia como Brath ou Fía na Roca hasta actuar con agrupacións máis novas como Anubía ou Driade. Estas moitas horas de escenario nótanse nunha banda que, aínda que basa a súa filosofía sonora na tradición do folk galego, non renuncia a incorporación de ritmos procedentes doutras disciplinas artísticas que cheiran a jazz ou a funk. Tampouco renuncia o combo a aproveitar sons doutras culturas, como é o caso dos ritmos eslavos que se poden escoitar e que, supoñemos, proceden de Vazdim Yukhnevich, que se encarga do acordeón de botóns.

Outra das características de Xúa é a preeminencia da voz humana, neste caso a da estupenda Nuria de León, que é o vehículo dunhas letras que navegan por moitos temas diferentes. Xúa gravou o que se poden denominar como metacancións, posto que falan do que significa o oficio de músico, concretamente das loitas que moitas veces se establecen co instrumento no momento das afinacións. Neste mesmo campo artístico, os Xúa tamén falan dos que se dedican a cantar en «Cencantares» e dos afeccionados ao baile en «Non mirai». A banda tamén trata outra das características históricas dos músicos en Galicia: a lingua do barallete. O propio nome do grupo é unha palabra do barallete, posto que «xúa» significa «lume». A xerga era empleada con diferentes variacións por todolos oficios que tiñan un carácter ambulante como afiadores, capadores, paragüeiros ou os propios músicos.

Xúa tamén deixou sitio no seu primeiro disco para a literatura. A banda adaptou poemas como «Illas» de Celso Emilio Ferreiro, unha composición de García Lorca como «Danza da lúa en Santiago», que o grupo rebautizou como «Xotalúa», e unha traducción-adaptación dun texto de Eduardo Galeano titulado «Patas arriba» que Xúa bautizou como «Pregóns da lanterna máxica».

Con todos este mimbres musicais e literarios, o debú de Xúa é sorprendente pola súa madurez musical, o que os salvou de cometer os erros clásicos de principiantes e facturar un disco moi sólido e disfrutable en tódolos os seus aspectos: composición, execución e producción.

O grupo está formado Vadim Yukhnévich (acordeón e voz), Nuria de León (voz, arpa e frautas) Ramón Feáns (bouzouki, guitarras), Pablo Pérez (baixo e contrabaixo) e Xacobe Gallego (batería). Moitos deles teñen tocado con grupos como Brath, Fía na Roca, Anubía ou Driade.

www.sonsgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-11-2007 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0