Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Roteiro en defensa da Ría de Vigo

Unha marcha a pé en catro etapas que percorrerá a nosa ría desde Cangas a Monteferro, organizada polos colectivos integrados na Plataforma A RÍA NON SE VENDE, do 11 ó 14 de outubro de 2007, como chamada de atención ante os graves problemas medioambientais que este espazo ten prantexados.

A constante construción de recheos, portos deportivos, peiraos e outras modificacións artificiais da costa, están producindo un grave dano ó delicado equilibrio ecolóxico da Ría, que significan a destrución do noso principal recurso natural, a riqueza marisqueira e pesqueira do Mar de Vigo, un patrimonio común que estamos poñendo en grave perigo. Isto supón, na práctica, a privatización da nosa costa ó arrebatar á cidadanía espazos de lecer e natureza que por lei lle pertencen.

As rías galegas, pese á súa pequena extensión, contan entre as zonas de máis alta produtividade primaria oceánica do mundo. A explotación desta característica por parte da flota de baixura, marisqueo artesanal e cultivos mariños (mexillón en bateas, granxas mariñas, etc.) xeran na ría de Vigo entre 7.000 e 10.000 empregos directos.

Día 11 MOAÑA ? CANGAS: Saída da Estación Marítima de Moaña ás 17:00 horas. Percorreremos a costa ata chegar a Cangas e rematará no Salgueirón (Massó) arredor das 20:00. Será guiado e comentado por Cándido Martínez do colectivo Luita Verde. Como fin de etapa celebraremos, cunha pequena gran festa, os dous anos (recentemente compridos) da resistencia contra a urbanización e o porto deportivo de Massó.

Día 12 VILABOA ? REDONDELA: Saída de Vilaboa (marquesina Mercamueble) ás 12:00 horas, visitando as antigas salinas e a marisma, para chegar a Arcade sobre as 14:00. Alí farase unha parada para xantar, partindo de novo ás 16:30 desde o porto de Arcade para chegar a Redondela a tardiña.

Día 13 REDONDELA ? A GUÍA: Saída ás 11:00 horas desde debaixo da ponte de Rande. Tras pasar por Aucosa, Frioya e Pescanova chegaremos á ETEA, para seguir polo cortalumes usurpado polo porto deportivo ata chegar a Punta Lagoa sobre as 14:30. Comida festiva e de confraternidade organizada pol@s compañeir@s do Centro Social Caleidoskopio.

Día 14 BOUZAS ? MONTEFERRO: Saída ás 10:00 horas desde a Praia do Adro, Bouzas, para chegar sobre as 13:45 á Praia das Canas en Nigrán. Alí seremos recibidos por grupos de gaiteiros, percusionistas, malabares e outras xentes de malvivir para subir tod@s xuntos, en gran rebumbio, ata Monteferro onde celebraremos o xantar anual de Salvemos Monteferro compartindo o que leve cada quen. Se o tempo é malo temos reservado o Pavillón de Deportes de Panxón para seguir a festa ata a tardiña.
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 10-10-2007 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0