Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comezou a Superliga de Billarda... que o demo reparta sorte!
A que xa é a 3º edición da LNB, e ademais a máis esixente e competitiva, arrincou esta domingo. Por primeira vez na historia, loitan polo título a conferencia NorOeste e a NorLeste. Hai vídeo e banda sonora.

O imbatível Ismael, o Zidane da billarda
"A fume de carozo e apertando nos dentes coma cans famentos", así din dende a Asociación deportiva O Varal que arrincou a 3ª edición da Superliga Galega de Billarda, sen lugar a dúbidas "a máis esixente e competitiva de todas as celebradas até o de agora", xa que entran en loita, por primeira vez na historia da LNB, dúas conferencias: a NorOeste e a NorLeste.

A Mariña e A Coruña, loitando polo título
Este fito histórico -dúas conferencias na LNB!-, para o deporte galego de esencia tradicional é un chanzo máis que axuda a consolidar a filosofía da LNB. Coma nas anteriores edicións desta competición, O Varal vai facer ás veces de Federación Galega de Billarda coordinando todas as accións das dúas conferencias, unha con epicentro na cidade da Coruña, -a NorOeste-, e a outra con epicentro na Mariña de Lugo, -a NorLeste.

60 palanadores e palanadoras organizados en 12 franquicias
De xeito regular e durante todo o ano todos estes xogadores van disputar unha competición estábel en dúas frontes abertas que desembocarán no mes de maio que vén nuns inéditos play off ou series finais, que se xogarán en Compostela. Neles, os mellores palanadores e franquicias de cada conferencia hanse atopar, e daí sairá o campión absoluto da edición 2007-08 da LNB.

TELE-VARAL segue na rede
O canal dixital da LNB, que emite en exclusiva pola internet, prepara un amplo dispositivo técnico para cubrir toda a actualidade nas pistas de xogo de ámbalas dúas conferencias. Se non queres perder nada, tamén as páxinas da LNB e da Asociación Deportiva O Varal van recoller todo o que acontece nos campos de xogo.

Un deporte que hai anos permanecía baixo terra, "enterrado en cal viva", din dende a LNB, agora xa ten 11 franquicias a xogar nel e unha competición regular que dá conta do intenso traballo feito nestes tres anos.

Dende a LNB anímanvos: Acabicornádevos á mellor liga de billarda do mundo!

1º xornada de liga: crónica d'O Varal
Era o primeiro partido, Zidane vs Chema. Todo o que se diga é pouco , TELE-VARAL retransmitiu xunto coa Galega esta histórica carreira na que Juan Pico contou cos espectaculares comentarios de Sak membro da conferencia NorOeste. E como traca inicial xa podes descargar o tema Achicando as pozas, BSO construída en exclusiva por zimmer103 coma trepidante psicofonía alieníxena para o deporte da billarda. Que forte, que forte! Comezou a Superliga. Que o demo reparta sorte!

Velaquí o vídeo do primeiro encontro:



www.vieiros.com

http://www.ovaral.blogspot.com/

http://lnb-noroeste.blogspot.com/

Para cando unha conferencia Sur?
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 27-09-2007 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Saudos dende as trincheiras do norte, iste espectacular trazo ten que ser xa a primeira pedra da futura conferencia Sul da LNB , agardamos novas vosas para dar o transcendental paso no que as billardas sintan tamén os rasguño d#blgtk08#a brisa do atlántico, en Vigo e Meaño a LNB xa conta con palandores polo que é posíbel dar o paso se @s malquerer se animan a arrincar chantos e rachar moldes coa LNB, agardámosvos / 619.570960 / ovaral@hotmail.com
Comentario por LNB (11-10-2007 13:06)
2 Wow, cool man, big thanks!#blgtk08# http://pebdqcgbpgoxq.com
Comentario por nxqxaxgebb (05-05-2008 15:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0