Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cursos de Retrouso en Cela (Bueu)

A Asociación Cultural Retrouso recibe con importantes novidades o novo curso 2007-2008. A partir de outubro, novos profesores de prestixio recoñecido toman as rendas das aulas de perfeccionamento do colectivo.

Guillerme Ignacio, cantador e gaiteiro de Quempallou e d'O Tear de Llerena, impartirá pandeireta e canto tradicional en Cela os mércores en dúas quendas: ás 19.30 h e ás 21.00 h, segundo o nivel do alumnado.

Alberto Costas,respectado percusionista, colaborador dos mellores gaiteiros solistasactuais, dará clases de iniciación e perfeccionamento de percusión os xoves, ás 20.30 horas.

Cristóbal Prieto, gaiteiro e artesán do Hío, coa vida centrada na gaita desde hai anos, ensinará a tocar o instrumento os sábados desde as 11 horas da mañá.

Teresa Pedrouso, curtida no ensino de acordeón en conservatorio, emprende o obxectivo de crear un grupo de acordeonistas ligados ao repertorio tradicional. Será os martes ás 18 horas, con aulas de hora e media. Antes, ás 17 horas, ofrecerá, separadamente, formación de linguaxe musical.

A estrutura de baile mantense, con escolas de base nas parroquias de Ardán, Beluso e Cela e Margarita Pérez, fundadora de Andarela, como directora artística. Tamén a do coro, que seguirá ensaiando os luns ás 21 horas, baixo a batuta de Carme Pereira.

Todas as actividades musicais se realizarán no salón de actos do Centro Sociocultural de Cela, en Bueu. A medio camiño entre Bueu e Marín e a un cuarto de hora de Cangas e Moaña (por Paradela): no centro do Morrazo!
Comentarios (3) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-09-2007 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Unha mágoa que non me queden nada preto esas aulas, polo que teño visto eses pr#blgtk08#ofesores de pandeireta seguro que son do mellor. Saúdos a Retrouso dende Barro.
Comentario por o monteira brava (26-09-2007 14:49)
2 Eses retrouseiros!!a ver cando cadramos todos, que sempre é un pracer atoparmos todos xuntos nalgunha troula...algun concert#blgtk08#o de Quempallou prontiño, nonsi? pois vémonos nesa, a ver...
bico (especial para Lore, Tania, Ru e Guillerme)
Comentario por Aniña de Marin (26-09-2007 14:55)
3 moitas grazas polo cumprido, o monteira brava! é certo que che queda algho a desmán, pero podes pasar calquera día que che apateza da unha voltiña, que has ser moi ben recibido!

Aniña... #blgtk08#a ver, a ver. penso que Quempallou ten previsto un concerto no salasón (Cangas) para dentro de non moito ou, na homenaxe ao gaiteiro... a ver cando cadramos. un bicaso! e os teus bicos serán dados, XD.
Comentario por ruben (27-09-2007 11:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0