Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Artigo sobre o Traxe tradicional

O artesán da tradición.

Álex Regueiro, investigador do traxe galego, denuncia a distorsión deste elemento da cultura do país por non consultar os expertos

Artigo de Galicia-Hoxe (31/07/07)


O artesán Álex Regueiro ten 30 anos e gran parte da súa vida dedicouna ao estudo do traxe galego tradidional. "O traballo de investigación do traxe ­-di- é algo custoso, por iso moitos non o fan". Leva, sobre todo, moito tempo, "hai que patear moito e chamar a moitas portas" e o feito de que este labor non se realice está a provocar "a deslocalización do traxe"; isto é, atribúense elementos propios da vestimenta dunha zona ao traxe doutro lugar distinto. Regueiro admite que, a pesar da proliferación de agrupacións nos últimos tempos, "non se consulta os expertos con respeto ao traxe".

Unha conversa con este "Produtor de Traxes Tradicionais Galegos axuda a comprender o entrecruzamento de variables que están detrás dun traxe tradicional. O nivel económico, a zona xeográfica, a época ou o xeito de coser son algúns dos elementos que lle dan a súa variedade característica. Pero Regueiro advirte que, por non consultar os expertos, "estase a desvariar moitísimo, a distorsionar a vestimenta", tanto nas formas como nos usos. O artesán explica que "a estas alturas todo é tradicional, pero hai que ter en conta que para o mundo da moda son 100 anos os que marcan tradición". Por exemplo, unha parte do traxe tradicional feminino que se considera tradicional son os pololos, non obstante, "esta prenda foi imposta máis tarde pola Sección Feminina da Falanxe por unha cuestión de pudor".

Á hora de confeccionar un traxe tradicional hai que ter en conta se se quere un traxe de gala ou un traxe de cotío. Regueiro explica, por exemplo, que "unha peza como o mantón de caxemir, nunca se usou no traxe de cotío" xa que era moi custoso porque o material procedía dun animal do Tíbet. O lugar ao que pertence a vestimenta é tamén fundamental e identifícase, sobre todo, a través das cores. Sábese que "unha especie de granate era a cor de Bergantiños, as Mariñas coruñesas empregaban as amarelas e as vermellas, as Mariñas lucenses as azuis e a marrón era máis propia de Santiago e Tui". A monteira do home, "o símbolo da gallardía", é tamén outro dos elementos que marcan a diferenciación xeográfica segundo a súa forma. Detrás do traxe tradicional hai toda unha linguaxe e non se debe esquecer "que todos os elementos forman cultura".

TRABALLO DE CAMPO A documentación é a base no oficio

Álex Regueiro confesa que tivo que ler moito para aprender cousas sobre o traxe galego tradicional e que tivo que investigar todo tipo de documentos da época: dende a literatura ata a pintura, e máis tarde a fotografía. Cita as obras dos pintores Álvarez de Sotomayor ou Dionisio Fierros ou a dos fotógrafos Pedro Ferrer e Varela como algunhas das fontes básicas polas que se guía para confeccionar os seus traxes. Segundo explica o artesán, a través dos documentos apréndese a enmarcar os diversos elementos nunha época concreta. Por exemplo, "a raíña Isabel II prohibiu a través dun Real Decreto as basquiñas (peza do traxe tradicional feminino) de cor, reservadas só para a realeza".

A documentación é básica para coñecer os materiais, xa que "se fabricaba co que había no momento". Os intercambios comerciais provocaron a diferenza entre a vestimenta das áreas costeiras e as do interior, con máis problemas para chegar ás novas mercadorías. "A II Revolución Industrial -explica Regueiro- marcou o momento de máximo esplendor do traxe tradicional feminino" coa chegada dos novos materiais, pero hai que ter en conta que ese punto álxido do traxe feminino non coincide co do traxe masculino, xa que nese momento os homes do país marchan traballar ás colonias americanas e xa empregaban o traxe de cubano, co pantalón longo. Con respecto a isto, Álex Regueiro explica que "o traxe do home foi o que menos evolucionou e conserva un carácter máis medieval". Isto ocorre porque "para o home non era tan necesario coidar a súa vestimenta, era a muller a que se tiña que acicalar para gustarlles ao home". Grazas ao estudo pódense coñecer curiosidades como que unha parte do traxe masculino como é a faixa, "de orixe árabe e cunha función primitiva que era a de suxeitar a faca".
Comentarios (9) - Categoría: Novas - Publicado o 31-07-2007 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 www.alexre#blgtk08#gueiro.com
Comentario por alex regueiro (02-04-2008 09:57)
2 Wow, cool man, big thank#blgtk08#s! http://rshgmigjvg.com
Comentario por vqfbagrntp (26-04-2008 00:34)
3 hola. quiero darle las gracias por su trabajo de investigación.
nosotros hemos consultado sus fuentes, ademas de la gobernacón de galicia, y si nos han dicho que ustedes son un#blgtk08#o de los dos talleres de la provinsia de La Coruña de los cuales el gobierno dispone informacion, asegurando que ustedes eran garantía.
moita saudade desde la quinta provincia
Comentario por marizza (08-05-2008 09:22)
4

A cultura en Galicia - Querida Ánxela:
Eu tiña un soño, soñaba que a cultura neste país galego collería un rumbo
distinto, e cando me refiro a distinto, non penso en deixar de facer o que
o PP no seu momento facía ben.
Onde quedou o traxe tradicional galego? Gustaríame unha resposta, eu, e
como min moitos e moitas amigos e amigas do traxe, non a atopamos. Non fai
falla que sexa de palabra, cun feito sobraba.
Pensaba verte algún día vestida de galega, galega que sempre defenderon
mulleres como Rosalia de Castro ou a grandísima Emilia Pardo Bazán. Si,
si, ela non o visteu, pero defendeuno e impulsouno falando del, para que
nunca quedase esquecido. Hoxe en día, o traxe tradicional galego, segue a
ser do último que en cultura se fal#blgtk08#a, eu polo menos non me enterei. Somos
oito artesáns do traxe, e polo que a min se refire síntome moi defraudado
de que nunca se contase con nós para implicar ao ben amado traxe
patrimonial. Publicanse libros, con que rigor? danse coferencias, quen as
imparte? e non falemos dos presupostos que nos piden aos talleres para
confeccionar traxe galego:
-Hola, chamo do centro galego de... Precisamos un presuposto para pedir
unha subención á Consellería de Cultura. Pois ben, eu dou o presuposto,
pero: quen fai a roupa? quen fai o seguimento de que eses cartos se
empregan para ese fin e que o traballo se lle da aos artesáns que figuran
no rexistro xeral de artesanía de Galicia da Conselleria de Innovación e
Industria?



Comentario por (12-02-2009 12:23)
5 http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=6191&cor#blgtk08#te=2009-02-26&hora=12:50:39&canle=tvg1#
Comentario por (02-03-2009 17:01)
6 boa entrevista. #blgtk08#noraboa
Comentario por (17-04-2009 13:16)
7 http://www.elcorreogallego.es/index.php#blgtk08#?idMenu=3&idEdicion=747&idNoticia=69003
Comentario por (16-06-2009 12:14)
8 http://www.facebook.com/alex.regueiro?re#blgtk08#f=name#/group.php?gid=53541064164&ref=ts
Comentario por (29-07-2009 19:38)
9 http://enmiopinion.laopinioncoruna.es/cartas-al-director/#blgtk08#337-indumentaria-popular-traxe-tradicional-versus-pololos
Comentario por (31-03-2010 11:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0