Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Novo disco de Pablo Seoane |
|
O vindeiro 30 de xullo e durante as festas do apóstolo en Compostela faráse a presentacion oficial do 2º cd do gaiteiro Pablo Seoane, "Fluindo en pechado". Será ás 22:30 h. na Praza do Toural.
O pasado 1 de xuño púxose á venda este 2º traballo discográfico que está auto producido. Foi grabado nos estudios de producción da Radio Galega, e está editado polo selo ?Leilear?.
?Fluindo en pechado? é un traballo basado na música de raíz galega, especialmente na dixitación ?pechada?, a cal estivo prácticamente en desuso debido a grande dificultade, tanto de interpretación como de afinación e interrelación con outros instrumentos.
Este disco componse de 14 temas, todos eles tradicionais , algúns deles interpretados respetando fielmente a súa orixinalidade, e outros arranxados e interpretados seguindo as novas tendencias da música tradicional galega.
No repertorio busca ofrecer unha visión ampla de tódolos ritmos que compoñen a música tradicional galega, dende as muiñeiras, pasando por xotas, pasodobres, mazurcas, valses, rumbas, tendo a gaita como instrumento conductor.
A grabación foi posible grazas a colaboración dos músicos:
?Edelmiro Fernández (percusions)
?Josele (clarinete, requinto e saxo soprano)
?Xan Pampín (acordeón)
?Guti Álvarez (violín)
?Ruote (voces)
?Pablo Seoane (gaitas)
Para máis información:
Pablo Seoane 657 810 611
Pabloseoane@yahoo.es
http://www.gaiteirosgalegos.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|