Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alalá en Cuba |
|
Hoxe, martes, día 29/05/2007
Alalá cruza o Atlántico, con destino á Habana para comprobar a prolífica actividade que a colonia de galegos de Cuba desenvolveu na Illa. Durante o derradeiro terzo do século foi o destino principal dos emigrantes que partían dos portos galegos. Alalá aproveita a viaxe para celebrar todo un acontecemento: o vinte de decembro deste ano 2007 cúmprense cen anos da primeira representación do himno galego na Habana.
A gran colectividade de galegos, na década do 1870 comeza a organizarse formalmente e van xurdindo centros e asociacións que teñen carácter benéfico, recreativo e cultural. Neste primeiro programa de Alalá en Cuba estaremos no Centro Galego da Habana.
Tamén falaremos do espírito creador dos galegos de Cuba e como a Habana se converteu, en certa maneira, na capital cultural de Galicia. Aquí naceron ou se lles deu forma a elementos tan importantes coma: a bandeira galega, o escudo, a edición de Follas Novas de Rosalía de Castro e o himno galego entre outras moitas cousas.
A pervivencia da nosa tradición musical está presente noutros centros galegos como é o caso da Sociedade Rosalía de Castro. Aquí galegos, descendentes e nativos cubanos móvense que hai que velo para crelo!.
Os comezos dos galegos en Cuba non sempre foron doados, para moitos, cos primeiros traballos deixaron algo máis que suor e esforzo, algúns deixaron ata a pel. Os que non dubidaron foi en relacionarse cos negros, foron os menos racistas e os que mellor se integraron. De aí, un dito que nos contaron: o mulato é un dos inventos do galego en Cuba.
Pero esta é a primeira parte da nosa viaxe, a semana que vén Alalá segue en Cuba, nesta ocasión para falar das historias dos últimos galegos nativos que quedan alá, como foi a súa vida, acadaron realmente o sono americano?, fixeron fortuna? Como viviron? Como acadaron o prestixio que hoxe ten ?o galego??. Tamén visitaremos un centro galego que está nas aforas da Habana, nun barrio obreiro con moi poucos recursos: o centro de Monterroso e Antas de Ulla, toda unha conquista da aldea galega en Cuba.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|