Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Leilía despídese dos escenarios após 34 anos

As artistas que marcaron un antes e un despois no panorama da música tradicional da Galiza poñen fin a unha exitosa carreira coa xira 'Vidas Cantadas'.

Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez deron vida á xa mítica banda Leilía en 1989 co obxectivo de "recuperar do esquecemento a tradición oral". Agora, máis de tres décadas despois, anuncian a súa despedida dos escenarios. Será coa xira Vidas Cantadas, a derradeira, coa que pretenden "fechar un círculo" retomando cancións do vello repertorio mais cun "aire novo".

No multitudinario concerto que ofreceron o pasado sábado na Festa do Queixo de Arzúa avanzaron a decisión, que provocou unha forte ovación do público. Ao longo do ano levarán o seu espectáculo a diferentes puntos da Galiza, manténdose sempre fieis á súa esencia: "Pór en valor a tradición oral herdada das mulleres das aldeas que compartiron connosco coplas, toques e moita sabedoría popular".

Desde o grupo lembran que, cando comezaron a súa andaina, o canto e a pandeireta "estaban esmorecendo" na Galiza. Porén, hoxe, botando a vista atrás, ven como "esta realidade mudou" e agora estes elementos forman parte das vidas de moitísimas persoas deste país.

"Estamos moi contentas e orgullosas de todos os pasos dados ao longo destes anos, e estamos infinitamente agradecidas ás nosas informantes, e tamén ao público que nos apoiou e arroupou", afirman as artistas que marcaron un antes e un despois na música galega.

Na última entrevista que concederon a Nós Diario, en xullo do pasado ano, explicaban o significado deste último traballo: "Tanto tempo permítenos dicir que levamos unhas 'Vidas Cantadas', como cantadas tamén eran as vidas das mulleres das aldeas que nos aprenderon canto sabían e das que nós bebemos o zume da terra".

"Se botamos a vista atrás sentimos orgullo polo labor feito na recuperación e dignificación de tradición oral galega, pero tamén pola influencia que tivemos na expansión e recoñecemento desta, ao sacar do esquecemento parte do legado cultural deste país", rememoraban.

www.nosdiario.gal
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-03-2023 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0