Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornadas de baile tradicional (Teo) |
|
A AGG organiza o vindeiro domingo 16 de Decembro no Concello de Teo, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas xornadas de BaileTradicional que terán de protagonistas ó baile solto en Axeitos, o Fandango e o xénero no baile.
Os obradoiros estarán da man de expertos no mundo do baile tradicional como Fran Sieira, Luis Prego, Carme Campo e Chus Caramés.
PROGRAMA:
Domingo 16 de decembro
09.45 ? Apertura e entrega de documentación
10.00 ? O baile solto en Axeitos. Fran Sieira
11.30 ? Descanso
12.00 ? Puntos vellos para un novo fandango. Luis Prego
13.30 ? Xantar
16.00 ? Bailar a canda os tempos: estereotipos de xénero no baile. Carme Campo e Chus Caramés
LUGAR: Casa Común de Oza (Concello de Teo)
INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o mércores 12 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles se cubrirán por orde de inscrición.
Animádevos a participar!!! |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|