Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV Xornadas de baile tradicional en Lugo
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza as IV Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar en Lugo o vindeiro 22 de outubro en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 16.00 horas a 20.15 horas. Esta xornada terá lugar na Tradescola (no Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 ? LUGO)).

Dende a AGG organízase esta actividade, necesaria e de moita utilidade para todos aqueles implicados no sector do baile tradicional, para ofrecer un espazo no que conseguir unha posta en común de principios básicos sobre o baile tradicional en Galiza.

Estas xornadas están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.

Nestas xornadas que están patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura, contaremos con estudosos de gran prestixio dentro da cultura tradicional como son Carlos Xosé Vidal, Olga Kirk e Francisco Feijoo (Xisco) que serán os encargados de amosarnos e ensinarnos algúns dos bailes mais característicos da tradición galega.

Dende a AGG coidamos imprescindible e necesaria esta cita, xa que calquera cultura que queira gozar de boa saúde haberá de preocuparse de ter presenza na sociedade, e transmitir a súa historia e costumes.

Programa das VI Xornadas de Baile Tradicional

Lugar: Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 ? LUGO)

Data: 22 de outubro 2017

11.15h - Recepción participantes e apertura da Xornada

11.30h - Relatorio- Obradoiro

Carlos Xosé Vidal - ? Val da Barcala ? O rabo do raposo ?

13.30h ? Xantar

16.00h - Relatorio - Obradoiro

Olga Kirk - ? Bailando Maneo?

18.00h - Descanso

18.15h - Relatorio - Obradoiro

Francisco Feijoo (Xisco) ? ? Ribeiranas do Condado?

20.15h - Peche das xornadas

A asistencia a estas xornadas será de balde. As prazas son limitadas por orde inscrición. Para poder asistir é imprescindible a inscrición previa ben a través de correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal ou a través de teléfono no número 982 229 966.

Para máis información: Asociación de Gaiteir@s Galeg@s- Tradescola 982229966.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 19-10-2017 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0