Primordiais está formado por Marcelo DoBode e Luis Martíns, dous músicos do ámbito da música galega folk máis actual. Os dous artistas convídannos a unha viaxe polas hortas onde medran e afloran toda a beleza que une a arpa coa voz e a percusión máis terrenal.
O seu primeiro traballo, "Droguería Moderna", é un exemplo de que a tradición musical galega continúa creando e innovando.