Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Obradoiro de técnicas avanzadas de pandeiro galego (Lugo) |
|
A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, organiza o domingo 12 de xuño, no salón de actos do Centro Lug2 - Tradescola, un obradorio de técnicas avanzadas de pandeiro galego guiado polo estudoso e investigador do folclore galego Luis Prego.
Neste obradoiro @s asistentes aprenderán as bases técnicas do pandeiro, as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días, as variantes locais.
O curso terá unha duración total de 6 horas, de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, e contará co seguinte programa:
Desenrolo teórico:
O pandeiro no folclore galego. Situación no pasado e na actualidade.
Organoloxía do instrumento. Contextualización xeográfica.
Función e rítmica.
Grabacións históricas.
Visualización de vídeos documentais de traballos de campo feitos nas provincias de Pontevedra e Ourense, nos que se amosan as diversas técnicas tradicionais de tocar e suxeitar o pandeiro, atendendo ás variantes locais.
Desenrolo práctico:
Posturas para coller o pandeiro. Estilo persoal, xeito e acomodación para tocar. Diversos tipos de pancadas.
Ritmos e cadencias a 6/8 para o baile solto, toques a dúas mans.
Ritmos a ¾ para o baile solto, toques a dúas mans.
Toques a dúas mans para o baile agarrado.
Toques a unha man.
Prácticas de canto.
¡Aberto prazo de inscrición!
A inscripción ten un custo de 20'00? (15'00? si eres soci@ da AGG) e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Poden anotarse tod@s @s percusionistas que o desexen chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a tradescola@gaiteirosgalegos.gal ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.
É necesario que cada quen leve o seu instrumento. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|