Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concurso-selección de gaiteiros solistas para o XXXI Trofeo MacCrimmon (Festival de Lorient) |
|
CONCURSO - SELECCIÓN DE GAITEIROS SOLISTAS TROFEO MACCRIMMON ? LORIENT
1. Poderán participar tódolos gaiteiros nados en Galicia, así como aqueles que estando na diáspora teñan ascendencia galega ou acrediten pertencer a algún centro ou entidade galega.
2. O obxecto desta iniciativa é seleccionar ós catro gaiteiros que representarán a Galicia na final do XXXI Trofeo MacCrimmon de Gaita, que se celebrará o 6 de agosto de 2016 durante o Festival Interceltique de Lorient.
3. Establecerase unha única categoría na que participarán ata un máximo de 15 gaiteiros sen acompañamento de percusión.
4. O Concurso-Selección, celebrarase o vindeiro 17 de Abril ás 17:00 no Centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras, no concello de Teo (A Coruña).
5. O Concurso-Selección non terá dotación económica. Os catro primeiros clasificados serán os encargados de representar a Galicia competindo na final do Trofeo MacCrimmon. Viaxarán gratuitamente á Bretaña coa Delegación Galega do Festival de Lorient e disporán de aloxamento e dietas tamén de xeito gratuito.
6. Para a selección dos concursantes terase en conta o currículum e a gravación de audio dunha peza tradicional galega de libre elección e presentada en soporte CD, que os participantes enviarán metida nun sobre individual e baixo pseudónimo. Este sobre deberá incluírse noutro, co mesmo pseudónimo no exterior xunto coa folla de inscrición.
7. No Concurso-Selección cada gaiteiro deberá interpretar obrigatoriamente, unha peza do repertorio asturiano e unha peza do repertorio bretón de libre elección.
8. Cada gaiteiro, ademais das interpretacións obrigadas de temas asturianos e bretóns, terá cinco minutos para interpretar repertorio galego de libre elección. As pezas que compoñan dito repertorio poderanse interpretar por separado ou en suite.
9. O tempo de actuación comezará a contar de xeito continuo co inicio da interpretación. En caso de superar o tempo establecido nas bases, o xurado poderá penalizar o gaiteiro.
10. A interpretación da música galega realizarase en exclusiva coa gaita tradicional de Galicia. Para a interpretación dos repertorios asturiano e bretón permitirase o uso das gaitas tradicionais de Asturias e Bretaña, aínda que tamén se poderá efectuar coa gaita tradicional galega.
11. Os concursantes deberán vestir o traxe tradicional galego completo, que non poderán quitar ata o final do concurso.
12. Os gaiteiros seleccionados terán que presentarse no Centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras o domingo 17 de Abril ás 15:30 para firmar a acta de presencia e para a realización do sorteo de orde de actuación.
13. O xurado estará composto por gaiteiros que xa gañaran o Trofeo MacCrimmon, ou que resultaran finalistas do mesmo.
14. O xurado valorará a afinación, o emprego das dixitacións, ornamentacións, recursos interpretativos, dificultade das pezas, etc.
15. O xurado será o encargado de analizar as actuacións dos participantes seguindo o estipulado nas presentes bases e nomeará ós seleccionados para a final do Trofeo MacCrimmon.
16. A inscrición no concurso implica a aceptación das presentes bases. O xurado poderá descalificar a calquera concursante que non cumpra co estipulado nas mesmas.
17. O fallo do xurado será inapelable.
Os gaiteiros que desexen participar deberán remitir a folla de inscrición, debidamente cuberta e acompañada do currículum e o Cd de audio antes do venres 1 de Abril de 2016 a:
DELEGACIÓN GALEGA DO FESTIVAL INTERCÉLTICO DE LORIENT. APTO DE CORREOS 17. CACHEIRAS ? 15883 TEO (A CORUÑA). |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|