Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fin de semana Tradicional |
|
FIN DE SEMANA DE FOLCLORE GALEGO
¿Gústache a música e o baile? ¿queres aprender a fabricar instrumentos, tocalos e bailar? ¿Queres sair da rutina, relaxarte e desfrutar cunha proposta orixinal? Propoñémosche un paseo polo folclore musical galego durante todo un fin de semana, nunha afastada casa de turismo rural onde poderás achar, ademáis de tranquilidade, un lote de información sobre os instrumentos musicais, o canto e o baile tradicional galegos e, sobre todo, moita diversión e relax.
O lugar
Celebraremos o encontro na Casa da Alba, en Antas de Ulla, no mesmo corazón de Galiza. Trátase dun lugar para descansar, onde te poderás reconciliar coa natureza, coa vida e coa saúde a través da música, nun ambiente familiar e cálido. É un espazo aberto, respetuoso e sinxelo, un edificio de madeira de 800 m² construído baixo as normas de bioconstrucción e Feng-Shui.
Os compañeiros guías
Entre iles acharás a tres profesionais con moitísma experiencia que te guiarán neste percorrido que te transportará a tempos antigos, cando todo fluía máis despacio e a música axudaba a relaxar....
Rosa Sánchez ensinarache cales son os instrumentos de percusión empregados polas mulleres dende tempos remotos para acompañar o seus cantos, escoitarás e tocarás pandeiros, pandeiretas, latas, tixolas, cunchas, trécolas, ferriños, ....
Pablo Carpintero explicarache cales son e como se tocan os instrumentos melódicos e coñecerás a súa longa historia....verás como se toca a folla, a requinta, a trompa, as pipas de alcacén, o rabel, as gaitas de fol, o acordeón, as frautas de cana, e tantos outros...
Garantizámosche que con Gustavo Couto aprenderás o fundamentos do baile tradicional galego en dous días. O sábado pola noito todos xuntos botaremos unha boa baila e dende entón poderás dicir ¡sei bailar como os galegos!
As actividades.
Venres 1 de Xuño
Chegada pola tardiña, á hora que ti poidas, non hai presa. Cando todo o grupo esté reunido, a iso das 19:00 faremos unha presentación e unha posta en común, despois falaremos sobre o folclore galego, sobre o que sabemos da súa historia, sobre como o saber do pobo galego se perde na noite dos tempos. A iso das 20:00 tentaremos relaxarnos todos aplicando unha técnica especialmente deseñada para iso e cando xa o consigamos e guiados por Rosa e Pablo participaremos nun concerto de percusión onde poderemos tomar contacto con estes instrumentos galegos. Despois de cear aprenderemos a tocar todos eses instrumentos, cantaremos e tocaremos ata a hora que cada un teña a ben. Si eres músico podes traer o teu instrumento preferido, se non o eres tamén, e se non o tes, nos che proporcionaremos un, tanto ten que sexa galego como que non o sexa, djembés, pandeiretas, darbukas, pandeiros, bandires, congas e maracas serán ben recibidos pois so pretendemos pasalo ben achegándonos ós instrumentos de percusión.
Sábado 2 de Xuño.
Erguerémonos ás 10:00 e, despois de almorzar, asistiremos a un obradoiro de instrumentos musicais sinxelos. Ó longo de toda a mañán aprenderás a facer, afinar e tocar: frautas de cana (rectas e traveseiras), gaitas de sabugueiro e gaitas de cana. Aprenderás a manexar a navalla, os ferros quentes, a cera de abella e o fío. Non precisas traer nada, nós aportamos todo o material e ferramentas.
Despois de comer a iso das 14:30, o que queira durmirá unha relaxante sesta. Mais ou menos as 16:30 sairemos a dar un pequeno paseo no que verás que sempre hai cousas na natureza coas que facer música.... despois deste paseo faremos un seminario de baile de varias horas, nil Gustavo ensinarache os pasos básicos que compoñen tódolos puntos do baile tradicional galego e, cando estemos todos cansos, faremos outra sesión de relaxación para asistir a un concerto no que Pablo nos amosará a enorme variedade de instrumentos melódicos que hai no folclore galego. Despois de cear, a iso das 22:00, asistiremos a unha festa para que todos podamos poñer en práctica as ensinanzas de Gustavo e montar un auténtico serán galego ata a hora que nos veña ben.
Domingo 3 de Xuño.
Despois de almorzar a iso das 10:30 Pablo desvelarache tódolos segredos do aturuxo galego, xuntos estes berros, os exercicios de relaxación e os cantos acabarán por relaxarte completamente de paso que aprendes a facer algo que antes todos sabían facer: cantar, aturuxar e desafogarse.
Cando xa teñamos claro que é o aturuxo e como se fai, iremos a comer e, despois da sesta, a iso das 16:30 faremos o peche deste fin de semana de saber tradicional e partiremos ata volvernos a ver.
Prezo da fin de semana con pensión completa: 200?
Reservas e máis información en: 626588381 (Pablo Carpintero) ou 981 57 15 88 de 10:00 a 14:00 (Rosa Sánchez)
Prazas limitadas a 25 persoas.
Fin da inscrición: 25 de Maio.
Rosa Sánchez é bailadora e pandereteira do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. A súa andaina no folclore comezou hai 20 anos en Cantigas e Agarimos. Dende entón dirixiu varias escolas de baile tradicional e impartiu clases de canto e pandeireta en varias asociacións culturais e colexios. É tamborileira da Requinta de Xián e de Pablo Carpintero, a quen acompañou durante grande parte do seu traballo de campo por toda Galicia, Portugal, Asturias e parte de Zamora, polo que ten unha grande experiencia en música tradicional galega.
Gustavo Couto e bailador do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia e dirixe varias escolas de baile tradicional galego. Forma parte da directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos e é percusionista de Ultreia, de Pablo Carpintero e dos Campantes da Baña, tendo tamén unha ampla experiencia no traballo de campo por toda Galicia.
Pablo Carpintero Arias é doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Bioquímica nesta universidade e actualmente realiza un segundo doutorado sobre a gaita de fol no Departamento de Historia da Arte da USC. É membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos e dirixe dous importantes grupos de recuperación de tradicions musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. Produciu, ata o momento, varios artigos en revistas especializadas en folklore e sete trabalhos discográficos froito das investigacións de campo que nos últimos 15 anos ven realizando por toda Galicia, Zamora, Asturias e Portugal.
O seu traballo de investigación está centrado principalmente na evolución da morfología e repertorio da gaita de fol e na súa contextualización social e histórica, así coma no estudo dos instrumentos musicias tradicionais galegos. Colabora con institucións como o Consello da Cultura Galega, a quen cedeu en 2005 un arquivo composto de máis de 350 horas de gravacións de campo, a Radio Galega, onde periodicamente realiza seccións dedicadas ó folklore galego ou o Concello de Santiago de Compostela, con quen organiza actividades encamiñadas á divulgación do saber tradicional galego.
Para chegar á casa:
En coche:
Autovía hasta Lugo, coller estrada Ourense ata o Km 25 desvío a Lalín a 15 Km Antas de Ulla, cruce de catro camiños esquina Banco Pastor, carretera da esquerda a 1.5 km desvio á esquerda, letreiros indicativos Monterroso e La Casa del Alba, seguir 1.5 Km entrada á esquerda camiño de terra, letreiro ?La Casa del Alba.
En avión:
Destino aeropuerto de Santiago de Compostela. Dende o aeroporto autobus a Lugo e parada en Palas de Rey (4,2 ? autobús, 60 km, unha hora de viaxe ), alí poden recollervos por 6 ? (15 km, 12 minutos). Horarios de autobuses no aeroporto: 7?30 / 9?45 / 11?30 / 13?15 / 16?30 / 19 / 20?30.
Tamén vos poden recoller no aeropuerto (30? viaje).
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|