Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do III Concurso de xoves gaiteiros solistas (O Grove)
Durante a fin de semana a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acolleu as III Xornada de Música Tradicional, o sábado con obradoiros de pandeireta e canto tradicional, dirixido por Davide Salvado O Manso, pandereteiro con gran traxectoria no mundo da música tradicional galega.

O domingo foi a quenda do III Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove, no que participaron dez parellas, dirixido a xoves gaiteiros nados entre os anos 1991 e 2001. Pola mañá os concursantes tiñan que interpretar durante un máximo de tres minutos unha peza obrigatoria: a Xota de Forcarei. Xa pola tarde, a partires das 18.00 horas, os concursantes, vestidos con vestiario galego tradicional, interpretaron unha peza tradicional de libre elección. Ao remate os compoñentes do xurado que foron os mestres, Iván Costa e Francisco Estevez, máis Ramón Vázquez Acha, O Chilro, outorgaron os seguintes premios:

1.º premio de 500 euros: Laura López Suárez e Santiago López Suárez, que interpretaron no tema libre A Maruxa, xota de Serxio.

2.º premio de 300 euros: Lois Prado Fernández e David Riveira Otero, que interpretaron no tema libre a Foliada de Verducido.

3.º premio de 150 euros: Xiana Teixeiro Rey e Marina Fernández Vigo, que interpretaron no tema libre Ribeirana de Mondoñedo, pasodobre xota de Serxio.

Premio ao mellor acompañamento de 150 euros, David Riveira Otero.


As xornadas e o concurso foron organizadas pola Concellería de Xuventude, que dirixe Alfredo Bea, o mesmo estivo presentado por Juan Antonio Aguín, presidente da Asociación Cultural Cantodorxo, e os premios foron entregados polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alexandre Aguín.

www.todogrove.es

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-03-2015 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0