Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta ?Lúas de outubro e agosto? o seu segundo traballo como solista tras o álbum Benzón, que se publicou en 2009.
A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do
grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes
proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto.
Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tamén máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada.
?Lúas de outubro e agosto? contén fermosas cancións cun nexo común, a natureza das
composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza
e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e
propoñer unha música chea de sinceridade que sen dúbida vai sorprender.
?Lúas de Outubro e agosto? gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de
Baeza coa produción musical a cargo de Pachi Alis, o mago que soubo entender a
Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de
Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual tocando clarinetes.
?Lúas de Outubro e Agosto? preséntase nun orixinal digipack de edición limitada con
faixa acuñada e libreto de 16 páxinas.