Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XVI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas (Lugo)
Un total de 15 grupos de música tradicional galega encherán as rúas do casco vello de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán.

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza de novo a que será a XVI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará con actuacións de 15 grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade o vindeiro domingo día 12 de outubro, o día máis emblemático das festas do San Froilán.

Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde en distintas portas da muralla, prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.

Os grupos participantes son os seguintes:

Ansuiña ? Vilanova de Arousa

A Regionalista - Teo

Ars Antiqua ? Compostela

Caivanca ? Lugo

Cuarteto Xaramolo ? Lourenzá

Embruxo ? Ordes

Ludovaina- Cangas do Morrazo

Os Cuncheiros ? Vigo

Os de Algures ? Pontevedra

Os Enxebres de Cacheiras ? Cacheiras

Os Fontesuairas ? A Coruña

Os Melidaos ? Melide

Saiñas ? Xove

Tanto nos Ten ? Redondela

Zurrumalla - Vigo

Pola mañá os 15 grupos saírán dende a Praza Maior ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h.

Pola tarde repetirase o itinerario de pasarrúas a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 19.00 horas na Praza do Campo Castelo.

Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteiros Galegos xunta ano tras ano aos mellores grupos de gaitas de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible.

É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-10-2014 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0