Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IX Serán da Colleita en San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas)
A Asociación de Veciños, Agrícola e Cultural, San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas) organiza no Torreiro da Igrexa, o sábado 4 de outubro, a partir das 21:30 Hs., a IXª edición do Serán da Colleita.

Exposición de produtos tradicionais, gastronomía, música e canto comparten espazos, tempo de lecer e festa, no Torreiro da Igrexa e o Centro Cultural e Social desta parroquia salcedense.

Co Serán da Colleita, organizado anualmente, a asociación trata de manter vivas tradicións rurais que se desenvolvían nesta altura do ano; nas eiras as esfolladas e nas adegas as esmagadas.

Así, rematadas as tarefas do día o traballo transformábase en festa, sobre todo para os mais novos; entón comezaban a música e o canto que animaba o serán, tralo solpor até ben entrada a noite.

A Asociación de Veciños convida a grupos e solistas, que queiran compartir un tempo de música e canto, a achegarse a Parderrubias e participar na actividade festiva e tradicional do serán.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2014 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0