Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Concerto `descubrindo aos Trinta´ (Compostela) |
|
Luns 26 de maio
Salón Teatro ás 20:00
O Salón Teatro acolle esta tarde un concerto organizado polo Proxecto de Recuperación Musical coa colaboración do Centro Dramático Galego co que se pretende dar a coñecer a música dunha agrupación de gaiteiros ourensáns de finais do século XIX, Os Trintas de Trives.
É a finais do século XIX cando se establece o nacemento dos Trintas de Trives, coincidindo coa chegada á vila ourensá do músico coruñés Ricardo Courtier (1865-1922). A finais da década de 1880, Courtier establécese na vila como músico e funda varias agrupacións, entre as que se atopan os famosos gaiteiros Os Trintas, arranxando e compoñendo obras que os Álvarez se encargarán de trasladar ás vilas galegas.
Acadan tal sona que son requeridos dende Cuba, para onde embarcan a finais de 1910, participando no Centro Gallego. Esta viaxe e a recepción dos exóticos ritmos de ultramar fan que pouco a pouco o seu repertorio vaia incluíndo ritmos foráneos (rumbas, tangos?) que se amalgaman coa música máis tradicional. A súa traxectoria tamén os levará a Barcelona, Madrid, Bilbao, Astorga,? incluso chegando a participar no acto de proclamación do monarca Alfonso XIII.
Os Trintas de Trives constitúen para a música galega un claro referente: por unha parte no que respecta a un tipo de agrupación estable, o cuarteto de gaita, requinto, caixa e bombo; por outra parte en canto ao versátil repertorio configurado por obras compostas expresamente para a agrupación por un compositor de sólida formación musical, arranxos de obras musicais de moda en España e Europa (zarzuelas, polkas, valses, ?) ou aquelas de máis fondo sabor popular.
Catro persoeiros no mundo da música galega serán os responsables de achegarnos e de recuperar a música destes senlleiros gaiteiros ourensáns:
- Óscar Ibáñez (gaita)
- Fernando Abreu (clarinete en mi b ? requinto)
- Andrés Vilán (caixa)
- Julia Feijóo (bombo)
Cunhas traxectorias coñecidas e recoñecidas no panorama musical galego, desta vez únense os catro para trasladarnos aos inicios daqueles xenuínos músicos profesionais e das músicas que espallaban cos seus instrumentos.
O obxectivo primordial de 'Descubrindo as Nosas Músicas' é dar a coñecer compositores, intérpretes e obras galegas de relevancia, achegando estas músicas á poboación e enriquecendo o legado musical. Trátase de conectar ao público coa súa historia e tradición musical máis próxima, facendo que o espectador sexa parte activa e implicada na experiencia; por iso, a interacción entre músicos intérpretes e estudosos faise imprescindible.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|