Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo disco de A Quenlla
Xa van alá 30 anos de cancións, de recorrer Galicia e todas esas terras onde Galicia está presente. A Quenlla celebra tres décadas de ?amor, dor e loita? e faino alentada polos amigos de sempre: Alfredo Garrido como produtor, Xulio Xiz e Alfonso Blanco como alentadores de músicas e poesías e un crítico da talla inmensa de Xesús Mato (incombustible musicólogo e humanista).

Con este consello de sabios Mini e Mero seleccionan coidadosamente 26 cancións inéditas para un dobre disco que nos trae moitas das músicas que levan anos formando parte do seus directos dos que, por certo, saiamos con ganas de ter en cd cancións como ?Carlos dos Santos? de Xosé Lois García, ?Penélope? de Díaz Castro ou ?Abril de lume e ferro? de Manuel María, todas elas musicadas por Mero.

No disco atopamos, tamén, cancións novas que chaman a atención facéndonos cavilar como ?Carme ti nós? de Lois Diéguez , na que o recordo e a nostalxia se fan amor en cada verso. O disco ten moito de saudade, dende ese precioso ?Quero voltar para Porto? ata o recordo alegre ao humanista Bernardo García Cendán, que nos deixou fermosos poemas como ?Dime quen te foi pescar?.

A Quenlla recunca no seu credo de sempre e faino con firmeza e utilizando a verba para denunciar que a nosa Penélope segue engaiolada nas teas de sempre con continuos retrocesos e enganos que nos adormecen na falsidade. Contra isto, A Quenlla permanece na terra porque é terra e non pode deixar de teimar nela para agromar o porvir; mais agora, está claro que nunca estiveron, nin estarán, sos nesta teima senón que os rodea un amplo exército de poetas que esnaquizan ermos coa palabra que eles erguen en voz para espallala polos puntos cardinais dunha terra que merece ser outra cousa.

A Quenlla agasállanos con 26 cancións nas que se deixa sentir o recordo dos mellores directos. Este é un traballo de anos, rodado e perfeccionado en moitos lugares de Galicia nos que estes músicos deixan as esencias da voz e da palabra. Por iso, cómpre agradecérllelo e pedirlles que sigan dándonos ese canto dos poetas que nos alenta.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-05-2014 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0