Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultado do Concurso Azaloira 2014
O XIV Festival de Baile Tradicional Azaloira encheu ata os topes o auditorio Manuel Dopazo de A Bandeira nunha edición especial, adicada á canteira das formacións galegas. O grupo Náñaras, da Asociación Cultural Saíñas de Xove (Lugo) alzouse co primeiro premio da sección xuvenil -de 12 a 16 anos-, dotado con 500 euros.

O segundo posto nesta categoría foi para Os Xeitosos de Trazo, que se levaron 300; e a terceira posición foi para A Burga, do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo, que recolleu 150 euros. O galardón a mellor vestiario recalou en Fungueirazos, da Asociación Donaire de A Coruña, que recibiu 100 euros doados polos comerciantes e empresarios de A Bandeira.

Na sección infantil -de 8 a 12 anos- impusose Sete Ferreñas, da Asociación Vai de Roda, de Rianxo, a quen lle corresponderon 400 euros. A victoria foi por partida dobre, xa que tamén recolleu o premio a mellor vestiario, dotado, igualmente, con 100 euros. O grupo C da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos consiguiu o segundo posto -250 euros- e Os Remuíños, da Asociación Cultural Mar de Arousa, de Vilagarcía, o terceiro premio -150-.

Integraron o xurado: Carlos Pardo, da Colexiata do Sar; Chus Uzal, bailadora de Xacarandaina; e Miguel Sotelo, director do grupo Trébere, de Marín. A edil de Cultura, Margarita Campos, actuou como secretaria, con voz pero sen voto. O comité calificador fixo unha mención especial á " importancia de ensinar aos rapaces a finalidade de disfrutar bailando e transmitir forza e ledicia, en contra de facer tan ríxidos os bailes na procura da perfección".

O festival durou case tres horas e nel compitiron 19 grupos, un menos do previsto, xa que a formación infantil Donairiño, da Asociación Cultural Donaire de A Coruña, caeu do cartel ao lesionarse o seu guía durante unha actuación, o sábado, na cidade herculina. Tamén bailaron os tres grupos da escola de Fortín da Pomba -a agrupación organizadora-, os adultos, as pandereteiras e o grupo de acompañamento, inda que fora de concurso.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-05-2014 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0